blogue deA Maía

Camiñando entre versos de Antón Fraguas polo paseo fluvial de Bertamiráns.

   Unha iniciativa para o día das Letras Galegas que parte do Equipo de Normalización Lingüística do Concello na que participan todos os alumnos de infantil e primaria de Ames transformando o paseo fluvial de Bertamiráns nun CAMIÑO DE VERSOS, cunha escolma de ANTÓN FRAGUAS.
    Puxemos sobre lousas os seus  versos e  pendurámolos das árbores do paseo e  no chan para disfrute dos veciños.

Neste enlace coa RTVG podedes ver algúns momentos da colocación das lousas e aos pequenos representantes do colexio.

 

 

 

Avaliación individualizada de 3º de primaria

Estimadas nais, pais, familias

Os días 28 e 29 maio, se celebrarán as probas de avaliación individualizada de terceiro curso de Educación Primaria, que teñen a consideración de censuais e, polo tanto, aplicaranse a todo o alumnado escolarizado en terceiro de primaria.

Estas probas teñen carácter diagnóstico, informativo e orientador para o alumnado, familias, centros e administración educativa.

Ademais, tanto o alumnado como as familias cubrirán un cuestionario de contexto, este poderase cumprimentar en liña ou en papel até o 5 de xuño. O propio centro proporcionará ás familias o cuestionario en papel si así o solicitan, senón poderán entrar na  web da aplicación e cubrilo en liña coa súa clave de acceso.

Para calquera dúbida que lles poida xurdir poden poñerse en contacto co centro no teléfono 881866002 ou no correo ceip.a.maia@edu.xunta.es

 

 

 

Bertamiráns, 13 de maio de 2019

A DIRECTORA

Mª Isabel Abelleira Bardanca

"Jack and the Giant". Teatro en inglés para 1º e 2º

  Os alumnos e alumnas de 1º e 2º asistiron o venres na Aula de Cultura de Bertamiráns á representación da obra "Jack and the giant!"  representada pola compañía de teatro en inglés FACE 2 FACE.

  O argumento deste conto popular inglés é o seguinte: Jack, un rapaz de familia humilde intercambia a vaca da súa familia por unhas fabas máxicas. As fabas medran pola noite e convértense nunha xigantesca árbore. Jack escala a árbore ata chegar a un palacio nas nubes onde vive un xigante...

Dúas actividades de 2º de primaria

  Esta montaxe recolle fotos de dúas das actividades nas que participaron os alumnos e alumnas de 2º de primaria: a visita de Anxo Moure (24 de abril) do que traballaron nas aulas o seu libro "Caramulo e a carpinteira dos soños", unha homenaxe á sabedoría das persoas que construían os xoguetes populares, e os xogos cooperativos pola Paz (30 de xaneiro).

Os alumnos de 2º despiden o curso en Marcelle

  Os alumnos e alumnas de 2º de primaria con Antonio, Jesús, Luis, Pura e Katy, pasaron un fantástico día de excursión de fin de curso visitando o Centro de Natureza de Marcelle. A visita, guiada polos monitores do parque pretende, ademáis de pasar un día divertido, sensibilizalos e motivalos a coidar e conservar a biodiversidade.


   No PDF adxunto está o mapa do recorrido polo parque e premendo nesta imaxe (da súa páxina) tedes as fichas dos animais que viron.

Unha homenaxe en pedra a Antonio Fraguas

 O alumnado do Ceip A Maía participou xunto cos outros colexios do Concello de Ames nesta actividade proposta polos Equipos de Normalización Lingüística: unha homenaxe en pedra a Antonio Fraguas  no Día das Letras Galegas.

Plasmamos sobre lousas os versos do Cancioneiro de Cotobade e pendurámolas das árbores e  nos bancais do paseo fluvial para que a veciñanza de Bertamiráns tamén as desfruten, ao tempo que recitan os seus versos: "Eu son o vento que me presento, vou e veño coma un cataventos. Son o vento que nunca está quedo". "Teño unha herba na horta, pasa por riba do muro, se o teu camiño é val, o meu tamén é seguro", que posteriormente iremos a colocar nun dos parques do paseo fluvial de Bertamiráns.

 

Premer na imaxe para poder ver as laxas feitas polo alumnado de educación infantil e primaria.

O maio

Os pequenos de 3 anos achegáronse á tradición dos maios e fixeron este de papel. Ver todo o artigo no blog de 4º A de infantil.

Etnografía en Ames

Con motivo do Día das Letras Galegas e co fín de homenaxear a Antón Fraguas e a súa faceta máis etnográfica, poñemos a disposición das familias os seguintes enlaces de interese do Concello de Ames.

Convidamos a todas as familias a facer algún dos roteiros e despois enviarnos as fotos o correo do centro (ceip.a.maia@edu.xunta.gal ) para a realización dunha exposición fotográfica nos corredores do Centro.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

 

Arquitectura popular

http://www.concellodeames.gal/areas_turismo_e_patrimonio_arquitectura_popular.php?idioma=gl

 Arquitectura civil

http://www.concellodeames.gal/areas_turismo_e_patrimonio_arquitectura_civil.php?idioma=gl

Arquitectura relixiosa

http://www.concellodeames.gal/areas_turismo_e_patrimonio_arquitectura_relixiosa.php?idioma=gl

Folletos do Concello:

 Mapa interactivo:

 http://www.concellodeames.gal/index_mapa.php

Maquetas dos alumnos de 3º para o ciclo da auga

  Os alumnos e alumnas de 3º realizaron estos DIORAMAS DE CAIXA  que representan o CICLO DA AUGA cos procesos de vaporización, condensación e precipitación. Un traballo  que mostra que a cantidade de auga da que dispoñemos no planeta é limitada e sempre é a mesma. Por tanto é un recurso que compre coidar e respetar!

ADMISIÓN 2019_20: LISTAXES DEFINITIVAS

Todo o alumnado que presentou a solicitude de admisión neste centro resultou admitido.

 Para as nais e pais do alumnado de 3 anos (4º de educación infantil) haberá unha reunión informativa o luns 3 de xuño ás 16:30h., na sala de psicomotricidade de educación infantil.

Lembren que deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de  xuño na secretaría do centro.

 

Bertamiráns, 14 de maio de 2019

Distribuir contido