Adxuntamos a Guía de Lectura para o Alumnado
Animación á lectura
Lecturas recomendadas 2022
Dende a Rede de Bibliotecas dos Centros Públicos de Ames lanzámosvos esta serie de recomendacións de lectura para o verán.
Aproveitade para ler moito! Bo verán!
Premede na imaxe para coñecelas!
Resultado do Certame de debuxos e relatos de medo
Educación infantil
Modalidade grupal: Debuxo
Seleccionáronse todos, a cada aula agasallaráselle con un libros para a aula e a cada neno e nena daráselle un diploma de participación.
Educación primaria
· 1º de educación primaria_ Modalidade grupal
Seleccionáronse os tres presentados (un de cada aula), a cada aula agasallaráselle con un libros para a aula e a cada neno e nena daráselle un diploma de participación.
· 2º de primaria
Relato gañador: "O vampiro" de M.G.R. de 2ºB. Recibirá un libro de agasallo
Ademais seleccionouse tamén o traballo colectivo " A casa encantada dos vampiros" de 2ºC, que recibirán uns libros para a aula.
· 3º de primaria
Relato gañador: "Nun palacio cheo de sangue" de P.F.B de 3ºB. Recibirá un libro de agasallo
· 4º de primaria
"O ciclo zombie" relato grupal de 4º B. Recibirán uns libros para a aula
"O Samaín terrorífico" de S.M.G de 4º D. Recibirá un libro de agasallo
· 5º de primaria
"Os horrores" de N.P.F. de 5º A. Recibirá un libro de agasallo
· 6º de primaria
" A casa do xardineiro" de M.G.T de 6º C. Recibirá un libro de agasallo
Traslado provisional da Biblioteca
Esta semana fixemos a mudanza-traslado da Biblioteca "Agustín Fernández Paz" a outras ubicacións no Centro. Retiramos, libros, mesas, estanteirías... Imos ceder o espazo de alimentar a mente para alimentar o corpo.
É un TRASLADO PROVISIONAL mentras se levan a cabo as obras do novo comedor e durante un tempo estaremos un chisco apretados.
Provisionalmente reubicarémonos na mini-antiga Biblioteca e no espazo acristalado do corredor no primeiro andar. Intentaremos seguir funcionando coma sempre... E cando rematen as obras VOLVEREMOS!
No día do libro: unha porta, unha aventura!
Para conmemorar o Día do libro que se celebrou o 23 de abril, o Equipo de Dinamización da Biblioteca propuxo que cada clase decorase a súa porta como se fose a portada dun libro. Pequenos e maiores traballaron para transformar as súas portas. Eles e elas foron os que escolleron os libros para traballar... Esta montaxe ofrece unha visita por tódalas portas do colexio de primaria e infantil. (Para ver a entrada completa entrade na Web da Biblioteca)
Como nas portadas dos libros, cada porta ofrece unha historia e moitas aventuras. Pasade!
Día do libro: unha porta, unha lectura!
O Equipo de Dinamización da Biblioteca propuxo para conmemorar o Día do libro que se celebra hoxe 23 de abril, que cada clase decorase a súa porta como se fose a portada dun libro. Pequenos e maiores traballaron para transformar as súas portas.
En esta montaxe xa podedes ver como quedaron as portas de infantil. (en breve subiremos as de primaria)
Anxela Loureiro: "Choiva de ras" na Maía
O xoves 28 de marzo os alumnos de 3º de primaria recibiron a visita de Ánxela Loureiro. A súa obra“Choiva de ras” foi a que traballaron os nenos nas clases cos seus titores e trátase dunha ventura protagonizada por animais, chea de música e humor, que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto. Ánxela deleitounos coa súa guitarra tocando as canción do libro.
Ver máis información sobre a escritora e a súa obra no blog da Biblioteca.
Mercadillo solidario: trocando xoguetes por libros!
Os Equipos de Normalización Linguística e de Dinamización da Biblioteca colaboraron na organización deste MERCADILLO SOLIDARIO no Nadal. Fíxose un intercambio de libros, usados pero en bo estado, por xoguetes que foron entregados para a Oficina de Voluntariado do Concello de Ames.
Os libros foron donados pola Biblioteca do centro e polas aulas e empaquetados en primaria polos profes e os rapaces que colaboran na Biblioteca. Colocáronse dous postos de intercambio, en primaria e en infantil, que foron todo un éxito.
Moitas gracias a todos polos xoguetes entregados que de seguro serviron para alegrar a moitos rapaces!.
As cabazas do Samaín
SAMAIN
No cole o celebramos coa “Mostra de cabazas e produtos do outono”. Dende o colexio queremos agradecer o entusiasmo e colaboración das familias, pois grazas aos seus traballos podemos realizar esta actividade, que serve para actualizar e vivir as nosas tradicións .
Este ano cambiamos de escenario e realizouse na cristaleira do 2º andar. A biblioteca quixo participar mostrándonos libros que fan referencia a esta época do ano e fixemos a súa lectura nun ambiente moi axeitado.
Un vistazo á creatividade da exposición das cabazas nestes videos e nas presentacións en PDF adxuntas:
E ademáis os equipos de dinamización de biblioteca e extraescolares colaboraron para facer unhas sesións de contacontos a cargo da profesora Mavi. Sobre todo os máis pequenos quedaron encantados!
Aviso desde a Biblioteca
Estimados pais/nais:
Durante este curso escolar, os alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria estréanse como usuarios autónomos da Biblioteca Escolar. Aínda que xa fixeron uso dela durante a súa etapa de Infantil acompañados polo profesorado, a partires de agora poden visitala durante os recreos e facer uso do servizo de empréstito a domicilio. Por este motivo, e para un mellor funcionamento do mesmo, pregámoslles fagan un seguimento dos libros que levan para a casa, intentando que os devolvan dentro do prazo indicado nunha das primeiras páxinas. Asi mesmo intentaremos que os coiden e respecten como un ben común a ser disfrutado por todos/as.
Agardando que nos beneficiemos deste e outros servizos da biblioteca, reciban un cordial saúdo.
O Equipo da Biblioteca Escolar.