Os nenos e nenas de 2º recibiron fai uns días a visita de Jacobo Fernández Serrano autor de "A pedra e as formigas", e agora queren compartir con vos este video cunha montaxe das fotos da sesión.
O pasado 24 de outubro foi o día das Bibliotecas escolares e todo o Centro se implicou na proposta do Equipo de escoller DESTINOS LITERARIOS e facer postes indicadores con sinais que os indicasen. Ver máis no blog da Biblioteca +
Este foi o resultado. Grazas a todos por colaborar!
Os postes indicadores están agora nas entradas dos edificios de primaria e infantil.
Desde o Ceip A Maía o noso sentido adeus ao grande Agustín Fernández Paz. Fai moitos anos que prestou desinteresadamente o seu nome para a nosa Biblioteca escolar e sempre nos sentimos agradecidos e orgullosos de levalo e seguirá sendo así. Continuaremos incansablemente espallando a lectura baixo o noso/teu lema “Onde hai unha biblioteca, hai unha luz que traspasa todos os muros. Coma un faro, expande ao seu redor ondas de imaxinación e liberdade”(Agustín Fernández Paz)
No colexio inauguramos un novo espazo lector e lúdico: o BIBLIOPATIO, que será utilizado polos rapaces no recreo, na hora de ler e nas ocasións que o precisen. Delimitado con alfombra, cintas, plantas, é un espazo recollido que esperamos sexa unha nova zona de disfrute lector. Ten de fondo a obra gráfica que fixeron os alumnos de 6º o curso pasado no taller de arte urbano.
Ás veces os telexornais traen noticias curiosas: resulta que hoxe é o DÍA INTERNACIONAL DO BICO. Así que desde a Biblioteca lembraron un precioso conto que se lles conta aos pequenos (Bicos, bicos) sobre como son e que lles parecen os bicos... Fixeron unha seleción de contos de BICOSna que non están todos os que son pero si son todos os que están.
Nos paneis da Biblioteca e nos corredores do piso de arriba montouse unha exposición fotográfica sobre a visita de Xosé Neira Vilas ao noso centro. Tamén se puxeron algúns dos libros que forman parte do noso fondo bibliográfico. O libro de visitas, no que nos deixou unhas palabras, e os libros que nos adicou, tamén son mostras da súa agarimosa presenza entre nós.
O proxecto lector de centro é un documento deseñado para desenvolver a medio prazo no que, a partir da análise do contexto en materia de lectura, se articulan todas as intervencións que se van realizar no centro en relación coa lectura, a escritura e as habilidades informativas, coa participación do profesorado das distintas áreas, materias e niveis, incorporando a biblioteca escolar e as bibliotecas de aula como recursos fundamentais para a súa posta en marcha.