Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, é preciso comunicar ás familias interesadas na admisión no noso centro que, debido á demanda dos postos escolares ofertados para o curso 2024/2025, é preciso proceder á baremación de ditas solicitudes presentadas para o 4º curso de educación infantil.
Por esta razón infórmase ás familias que xa teñan presentada a admisión en prazo, deben aportar aquela documentación complementaria (se aínda non o fixeran) que consideren oportuna segundo o baremo e os criterios establecidos no Decreto 13/2022, do 3 de febreiro e na orde do Orde do 21 de outubro de 2022 relativos á admisión do alumnado en centros públicos.
O prazo de entrega da documentación rematará o vindeiro día 5 de abril, sendo obrigatorio achegala de xeito presencial no propio centro.
Unha vez rematado este novo prazo, procederase á baremación das solicitudes e a posterior adxudicación das prazas ofertadas para o devandito curso de E.I.
Pódese seguir o proceso de admisión de alumnado no seguinte enderezo:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/PaxinaInicio.action
Empregando o DNI da persoa solicitante e o codigo de solicitude.
A partir deste momento os prazos establecidos serán os seguintes:
Presentación de documentación complementaria | ata o 5 de abril |
Publlicación de listaxes PROVISIONAIS de admitidos excluídos | 25 de abril |
Publicación de listaxes DEFINITIVAS | 15 de maio |
MATRÍCULA (en cada centro, unha vez admitido) | 20 ó 30 de xuño |
Att a dirección.