Hoxe o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º recibiu unhas charlas a cargo da garda civil, Mar Mezquita sobre "Acoso Escolar" e "Novas tecnoloxías".
Para calquera consulta este é o seu correo electrónico, que moi amablemente deixou a nosa disposición: marmezquita@guardiacivil.es
Esta charla resultounos, tanto ao profesorado como ao alumnado, moi interesante, xa que a súa exposición foi moi dinámica e próxima, e logrou acercarnos aínda máis a importancia que hoxe en día teñen, os temas tratados.