Skip to Content

CURSO 2022-2023

EXPOSICIÓN ANIMALARIO INVENTADO

O alumnado do noso centro, convídavos a visitar a sorprendente exposición ANIMALARIO INVENTADO na Casa do Concello de Noia.

Podedes vistar este conxunto de obras desde o día 9 de xuño, data na que se inaugura, ata o 21 de xuño. Non dubidedes en achegarvos.

 

 

Publicación de listaxes provisionais de admitidos curso 2023/2024

Hoxe día 25 de abril, procedemos a publicar nos taboleiros do centro a listaxe provisional de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 2023/2024.

Na seguinte táboa podedes ver os prazos do procedemento de admisión. 

   
Publlicación de listaxes PROVISIONAIS de admitidos excluídos  25 de abril
Publicación de listaxes DEFINITIVAS 15 de maio
MATRÍCULA (en cada centro, unha vez admitido) 20 ó 30 de xuño

 

Atentamente, a dirección

ADMISIÓN ALUMNADO 2023 - 2024

O mércores día 1 e ata o 20 de marzo procédese a apertura do prazo de solicitudes de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2023/24, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

Os prazos establecidos no procedemento de admisión é o seguinte:

Presentación de solicitudes   Do 1 ó 20 de marzo
Publlicación de listaxes PROVISIONAIS de admitidos excluídos  25 de abril
Publicación de listaxes DEFINITIVAS 15 de maio
MATRÍCULA (en cada centro, unha vez admitido) 20 ó 30 de xuño

 

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admision alumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

ACCESO A PRESENTACIÓN ONLINE POR SEDE ELECTRÓNICA

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

 

PODEDES ATOPAR OS FORMULARIOS DE ADMISIÓN EN PDF AQUI 

 

Atte: O Equipo directivo

VACANTES CURSO 2023 / 2024

Publicación das vacantes previstas para o curso 2023 / 2024.

 

 

ENTROIDO 2023 - MANDADOS DO MECO REPEPICO

Como cada ano, xa está aquí o ENTROIDO. O meco Repepico ten preparadas os seguintes mandados para a vindeira semana...

 

 

 

O venres 17 celebraremos distintas actividades no centro das que vos informaremos polo miúdo en breve. Un saúdo a tod@s.

Xorndas de portas abertas. Admisión novo alumnado 2023 - 2024

Bos días, familias:

A principios do mes de marzo comezará o prazo de admisión de solicitudes de NOVO ALUMNADO para o curso 2023 - 2024

Por esta razón, os derradeiros días deste mes de febreiro o noso centro organizará unhas xornadas de portas abertas para aquelas familias que queren coñecer o noso centro. Lembrade que, para poder atendervos axeitadamente debédes contactar telefónicamente connosco e concertar  cita previa.

Podedes ver a información no cartel desta mesma entrada. 

 

 

ESCOLA de PAIS - ANPA A BARQUIÑA

Desde a ANPA do centro infórmase da actividade de escola de pais.

CENTROS ADSCRITOS - RESERVA DE PRAZA CURSO 2023/2024

Ábrese o prazo de reserva de praza en centros adscritos para o curso 2023 / 2024.

Lembrade que, esta reserva é so para aquel alumnado que quere ou debe cambiar de centro por estar adscrito a outro centro, para continuar os seus estudos.

Para o noso centro: o alumnado de sexto curso que ten previsto matricularse no IES San Alberto.

 

O prazo de presentación de solicitudes vai desde o 16 de XANEIRO ata o 6 de FEBREIRO. Para facelo pódese escoller calquera das seguintes modalidades:

PRESENCIAL: Presentando a solicitude correspondente no centro educativo empregando o documento ED550A (anexo I e anexo I-bis). Anexo a esta entrada. (o podedes descargar na súa versión en galego ou castelán).

 Este documento debe ser cumplimentado, asinado e entregado no centro no horario de atención ao público, xunto coa documentación que se solicita, de ser o caso.


TELEMÁTICA: Así mesmo, pódese facer dita reserva de praza no seguinte enderezo da sede electrónica, co certificado dixital ou chave 365:

ENLACE Á RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS DE E. INFANTIL e PRIMARIA 

**NOTA ACLARATORIA:

O proceso de solicitude de praza de novo alumnado (4º de E.I./3 anos e outros cursos de nova incorporación) é un procedemento distinto do que informaremos puntualmente e que non comezará ata primeiros do mes de marzo.

Atentamente a dirección do centro.

HORARIO DA BIBLIOTECA CURSO 2022 / 2023

HORARIO DA BIBLIOTECA CURSO ESCOLAR 2022 /2023

 

Luns

Martes

Mércores

Xoves

venres

 

16:30h a 18:30h

 

 

Pechada

 

16:30h a 18:30h

 

16:30h a 18:30h

 

16:30h a 18:30h

 

Para consultar máis información sobre as actividades da biblioteca visitade o noso blogue:

http://repepico.blogspot.com/

** A biblioteca permanecerá pechada ao público os martes, o profesorado mantén xuntanzas de coordinación e titorías.

ELECCIONS AO CONSELLO ESCOLAR-CANDIDATURAS

Bos días:

Achegamos a relación de candidaturas pesentadas ao Consello Escolar no sector de pais/nais/representates legais, a celebrar o vindeiro martes día 29.

Así mesmo deixamos a vosa disposición a circular con información relativa ao procedemento a seguir.

 

Atte. A dirección do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut