UNHA MILLA DIARIA

Queridas familias: quizais nos últimos dias @s vos@s fill@s cheguen á casa falando da milla, e vos preguntedes que é iso. Pois ben, “A MILLA DIARIA” é un programa da Conselleria de Educación, que pretende fomentar entre os rapaces e rapazas un estilo de vida saudable, aumentando o tempo que lle adican á actividade física. Consiste en marcar no patio dos colexios un percorrido dunha milla de lonxitude (1600 metro) e facelo en calquer momento da xornada escolar de luns a venres.    Preténdese loitar contra o sedentarismo e a obesidade, pero tamén se buscan os beneficios que a actividade física pode aportar para mellorar a atención, a concentración e axudar na resolución de conflitos. 

Nós, chamámoslle “CORRE UNHA MILLA CON BURBULLA.” Como sabedes, Burbulla é a mascota da biblioteca. É unha ra que colocamos cada 160 metros e nos vai indicando o que nos queda para rematar. O percorrido pódese facer andando, trotando, correndo ou alternando.