Semana das Letras Galegas

Comezamos a traballar a semana das Letras Galegas con un xogo de busca, tomando como protoganistas os negocios locais da cidade de Monforte de Lemos, e máis concretamente os dos familiares do noso alumnado. Así, a través do vídeo que se pode ver a continuación, os discentes deben buscar pistas para conseguir atopar unhas palabras relacionadas coa semana das Letras Galegas. Pensades que serán capaces de conseguir atopar todas as pistas? Pronto o saberemos. Por o de agora vexamos o que nos conta a investigadora Xana.