Actividade de Voz Natura

O alumnado de 4º, 5º e 6º de E.Primaria participou hoxe nunha actividade enmarcada dentro do Plan Director do Proxecto Voz Natura.

A charla foi impartida polo garda civil D.Roberto Pérez e polo sarxento D.Hipólito Garrido pertencentes ao SEPRONA da provincia de Lugo.

O alumnado aprendeu moitas das funcións da garda civil, en concreto as relacionadas con SEPRONA e todo o relacionado coa prevención de incendios, coidado da flora e da fauna, vixiancia dos recursos hídricos e montes, etc.

Ao remate houbo un coloquio no que o alumnado se interesou por moitas cuestións sobre medio ambiente e o traballo específico da garda civil do SEPRONA.