DÍA DE ROSALÍA

Onte, día 23 de febreiro de 2022, celebramos o día de Rosalía de Castro conmemorando a data real do seu nacemento, tal e como recolle recente información.

Para este festexo, levamos a cabo numerosas actividades ao longo da semana:

- Plantamos pensamentos no noso horto escolar (as flores favoritas de Rosalía).

-personalizamos marcapáxinas e escoitamos os poemas musicalizados que traian nos códigos QR. 

 

- Escollimos poemas e anacos da súa obra que recollimos en prendas de roupa de labranza, creando o noso "TENDAL DE ROSALÍA" que colocamos no porche do colexio. 

- Alumnos/as de 6º, acudiron a Onda Cero, onde leron en directo o poema "Alborada".