blogue deEdu

Visita de alumnado do IES Río Cabe

Alumnado do IES Río Cabe compartiu connosco algunhas das súas creacións e amosáronnos que son todos uns especialistas en brindos. Grazas pola visita!

Programa ColorADD

Hoxe, grazas á colaboración de Acrómates, ColorAdd, Adrián Salgado, o Concello de Monforte e Kidacu tivemos a oportunidade de sensibilizarnos, detectar e entender mellor o daltonismo en xeral e, en particular, a realidade de Diana, a nosa compañeira de 5º de Primaria, que convive coa Acromatopsia, un trastorno moi pouco común que afecta ao funcionamento dos conos dos seus ollos. Unha nova forma, por tanto, de implicar e incluír na vida do centro as peculiaridades e características do alumnado. Foi un auténtico pracer.

 

Correlinguas!

O pasado venres 24 de maio, o alumnado do cole camiñamos, como celebración do Correlinguas, ata o Parque dos Condes onde o grupo Mekánika Rolling Band foi o encargado de recibirnos e facernos bailar. Despois, fixemos pícnic ata que foi a hora de marchar.

Unha fin de semana diferente

O pasado venres a ANPA organizou un feixe de actividades para os pequenos e pequenas con acampada incluida polo que a festa continuou o sábado pola mañá.

Visita ao Ecomuseo de Arxeriz

A verdade, a excursión ao Ecomuseo de Arxeriz foi toda unha experiencia. Nel, esperábannos unhas auténticas profesionais que fixeron que a nosa visita fose realmente interesante!!