EDLG

CONCURSO PERSONAXES ATERRADORES (DÍA 2)

Acertachedes os personaxes de onte? Non perdades a oportunidade de descubrir os que se agochan tras as pistas de hoxe! 

Xa sabedes, enviade as solucións ao whatsapp do cole!

 

 

CONCURSO "PERSONAXES ATERRADORES"

ESTAMOS NA SEMANA DE SAMAÍN, E POR ISO O ALUMNADO DE TERCEIRO E CUARTO DE PRIMARIA, QUEREN METERNOS O MEDO NO CORPO. SEREDES QUEN DE ADIVIÑAR QUE PERSONAXE DE MEDO SE AGOCHA TRAS AS ADIVIÑAS PROPOSTAS?

SE OS DESCUBRES, ENVÍA AS TÚAS RESPOSTAS AO WHATSAPP DO COLE (DE FORMA NUMERADA).

MOITO ÁNIMO!

Revista escolar

Para rematar o curso e non perder detalle das cousas que fixemos no cole, non perdades detalle do primeiro número da revista escolar "GANDARIÑA" que preparamos con moito agarimo. Para vela, premede na ligazón debaixo da imaxe.

Esperamos que vos guste e que teñades un FELIZ VERÁN!                                                                                                         https://www.canva.com/design/DAEg-sMFDXQ/Qr9Nhsu7pYS_Iu3komx0lA/view?utm...

Letras Galegas

Este ano o día das Letras Galegas homenaxeou a Xela Arias. 
Para recordala o alumnado de infantil fixo un bonito video.


Tamén disfrutaron pintando a Xela. Estes peques pintan moi ben. Quedou xenial!.

23 de Abril, Día do Libro

A semana do 19 ao 23 de abril, realizamos actividades para conmemorar o Día do Libro. O eixe principal das actividades foron libros en galego, a partires dos cales realizáronse actividades diversas. 

- En Educación Infantil, a mestra Elena fixo de contacontos na biblioteca do centro, escenificando para todos os nenos e nenas desta etapa, o conto de "A mosca chosca".

- O alumnado de Educación Primaria, escolleu un conto en cada grupo, que leron durante a semana, e a partir do mesmo, elaboraron unha pequena composición plástica empregando a técnica do "knolling", contando a súa historia, a través de obxectos seleccionados que foron aportando. Así mesmo, o propio día 23, cada clase fixo un xogo interactivo acerca do seu conto, empregando os ordenadores e tablets do centro. 

Para non perder detalle desta celebración, estade atentos as próximas publicacións!! Non perdades detalle.