O pasado martes día 21 foi o DÍA DA ÁRBORE e celebrámolo plantando unhas cantas árbores . Queremos lembrar a importancia de cuidar as superficies arboladas e os boques e tamén nos gusta coidar o cole e telo bonito. Podedes ver un vídeo picando na seguinte ligazón : https://youtu.be/rmIqwFsQ4Hw
P
Os nenos e nenas de 5º de E.Primaria son uns grandes reposteiros/as e así o demostraron no obradoiro de galletas no que participaron activamente baixo a supervisión da nosa cociñeira do cole. Para ver o vídeo desta sesión, picade na seguinte ligazón :
Moitas grazas Berta. Sempre é un pracer traballar contigo.
Hoxe despedimos por xubilación á nosa compañeira Mercedes Fernández, especialista de E.Infantil e de Audición e Linguaxe.
Despois de máis de 38 anos de carreira profesional e no noso cole máis de 25 deles, desexámoslle que desfrute o máximo posible desta nova etapa que vén de comezar.
Traballo realizado polo alumnado de 2ºA e 2ºB de E.Primaria en C.Naturais coa súa mestra Beatriz Veiga. Así de bonito quedou :
O pasado luns día 13, o alumnado de 5º de E.Primaria recibiu unha charla moi interesante sobre Educación Afectivo-Sexual .
Moitas grazas á matrona Dª Sonia Vázquez Vilabrille, do Colexio de Enfermería de Lugo por ensinarnos tantas cousas dun xeito ameno e distendido.
Aquí tedes unha fotos desta sesión :