O pasado venres día 19 celebramos no colexio o Festival das Letras Galegas.
Houbo de todo : bailes, cancións, poesía, teatro...
Para ver o ben que o fan os nosos/as artistas picade na seguinte ligazón :
O pasado día 05 de maio celebramos no cole a Festa dos Maios.
Unha boa parte do noso alumnado ( baixo a dirección do profe Nelson ) interpretou as coplas que se cantaron na Praza de España.
Tivemos ademais público convidado : alumnado e profes do CEE Infanta Elena.
Para ver o vídeo desta actividade, picade na seguinte ligazón :
O alumnado de 3º ciclo de E.Primaria participou nunha actividade impartida polo Subinspector da Comisaría de Monforte de Lemos : D.Luis M. Santorun.
A charla foi moi interesante e os temas que se trataron están de completa actualidade e afectan de cheo á xenta nova tales como os perigos da internet e o acoso escolar a través das redes sociais.
Aquí están algunhas fotos desta actividade que se levou a cabo na biblioteca do centro :
" DO TRADI AO TRAP " é o título desta actividade levada a cabo na aula de 5º de E.Primaria na que Branca Villares , de Tradiescola , nos ofreceu unha interesantísima charla sobre : abuso sexual, intimidación, reclamo publicitario sexista, cousificación publicitaria da muller, hipersexualización etc. Os datos son escalofriantes !
Dita actividade foi promovida pola ANPA do cole, MOITAS GRAZAS !
O pasado 25 de abril o alumnado de 3º de E.Primaria saiu de excursión a Samos para realizar un tramo do Camiño de Santiago e varias actividades de Scape Room e Xogos Tradicionais.
Para ver o vídeo resumo picade na seguinte ligazón :