Curso 2023- 2024

Menú marzo

 

Contadas no CEE Infanta Elena

Nesta xornada o alumnado de 5 anos A acudiu ó Infanta Elena recibir a contada do libro Os meus veciños favorecendo así a comprensión lectora ao tempo que espertamos valores como a amizade e a inclusión. 

Excursión a Quiroga de 5º de E.Primaria.

O alumnado de 5ºA e 5ºB de E.Primaria viaxou ata Quiroga para coñecer e visitar os Museos Xeolóxico e Etnográfico.

Poderedes ver o vídeo resumo desta saída picando na seguinte ligazón : 

                                https://youtu.be/3UjWMnYK090

Saída á Coruña 3º e 4º de primaria

O pasado 16 de febreiro os nenos e nenas de 2º ciclo de educación primaria fixeron unha saída á Coruña para visitar diferentes lugares na cidade. A saída compúxose dunha visita ao Domus, á Casa das Ciencias e ao Aquarium Finisterrae. Agardamos que disfrutedes o vídeo!

Premios do Concurso de Poesía de Nadal.

Hoxe os nosos alumnos/as premiados no Concurso de Poesía de Nadal convocado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro achegáronse á Casa da Cultura de Monforte onde a Tenente de Alcalde Dª Gloria Prada lles fixo entrega dos agasallos correspondentes.