EACE

EACE

PEXEGOS EN CONSERVA

Os PEXEGOS do horto escolar  foron apañados polo alumnado de 5º de primaria e, tras probar algúns, os que sobraron quedaron para poñelos en conserva.

Esta actividade foi dirixida e preparada por Sara Martínez Gallego quen coordina o proxecto de Voz Natura do noso centro escolar.

 

TOSTAS CON TOMATE e algo máis...

Sara Martínez preparou todo o necesario para cociñar unha MERENDA SAUDABLE empregando os tomates que apañamos no horto escolar. Mirade ao alumnado de infantil montando estas TOSTAS deliciosas e degustándoas. Dou fe, estaban deliciosas!!!!

COLLEITA DE TOMATES

O alumnado de 5º infantil comezou o curso COLLEITANDO OS TOMATES maduros do horto escolar. Esta actiividade foi dirixida por Sara Martínez Gallego quen coordina o proxecto de VOZ NATURA 2023-2024.

Colleitando en setembro.

O alumnado de 2º ciclo de E.Primaria  acompañado de Sara Martínez , a nosa coordinadora do Proxecto Voz Natura, colleitou estes días as cebolas, os pementos e as cabazas do horto.

Os nenos e nenas de 4º tamén aprenderon a preparar a terra para sementar nabos.

Poderedes ver o vídeo resumo picando na seguinte ligazón : 

        https://youtu.be/kl7XRvouLpI

EDUCACIÓN VIAL: 4º infantil (3 anos)

O alumnado de educación infantil neste último trimestre tivo que aprender as normas de circulación para poder circular con vehículos.

Mirade! Mirade ás nenas e aos nenos de 4º de infantil (3 anos) como practican primeiro no colexio e logo no circuíto de educación vial de Cobas.