EDLG

REVISTA ESCOLAR GANDARIÑA 2021-2022

E para rematar o curso, queremos compartir a edición anual da revista GANDARIÑA, que os nosos nenos e nenas fixeron con ilusión para contarnos como foi o ano escolar que remata. Agardamos que vos guste!!

 

ASALTO AO CASTELO

O mércores, 15 de xuño de 2022, o alumnado de 6º de infantil (5 anos) subimos á Torre da Homenaxe ataviados con roupas de cabaleiros montando nos nosos cabalos de pau e logramos o noso obxectivo:

ASALTAMOS O CASTELO!!!!

LETRAS GALEGAS 2022. Dígocho eu: PALABRAS FERMOSAS

Aquí tedes outra vez a nosa propia versión do   dígocho  eu  . Esta vez adicado a    PALABRAS FERMOSAS  como: axóuxere, pomba, papaventos, xoaniña, can e cadela, bolboreta, arco da vella, solleiro, morriña, chacueca e chacueco, aloumiñar, luscofusco, buxaina, ás agochadas, parasol, lentes, vermello e foliada.

LETRAS GALEGAS 2022: Mostra de baile galego e muiñeiras

No CEIP Plurilingüe A GÁNDARA estivemos de festa!!! Si, conmemoramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS durante toda a semana!!! (Un día non nos chegaba)

Cada día houbo algúns grupos de alumnado que nos deleitaron cos seus bailes galegos. Mirade no vídeo que aparece a continuación as nosas interpretacións das melodías típicas da nosa terra. Por favor, tede en conta que o fixemos con toda a nosa ilusión e bo facer, o obxectivo non era facelo perfecto senón gozar das melodías e cancións propias da nosa cultura, poñéndoa en valor.

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DÍA DA MULLER

Hoxe celébrase o dia Internacional da Muller Traballadora, e dende a biblioteca do centro non podemos esquecer esta data para recomendar fermosas lecturas que promovan a igualdade entre todas as persoas. 

Esperamos que vos gusten.