O venres día 12 de abril, o alumnado de 6º curso de Educación Primaria visitou o IES A Pinguela para coñecer, ademais das instalacións, as diferentes familias de Formación Profesional que se poden cursar nel.
Non podemos máis que agradecer o ben que nos recibiron e os fantásticos talleres (de informática, xestión económica, costura e perfumería) que nos ofreceron!
O alumnado da etapa de infantil visitou o mercado e algunhas tendas da cidade para coñecer a súa contorna e experimentar. Fixérono xenial e non podemos estar máis orgullosas.
Os rapaces e rapazas de 5ºB son uns grandes reposteiros. Poderedes ver o ben que traballaron coa axuda de Berta, a nosa cociñeira, no obradoiro de MADALENAS DE ARANDOS picando na seguinte ligazón :
Chegou o momento de probar as pavías en xarope que preparou o alumnado de 5º de E.Primaria hai uns meses, actividade incluída dentro do proxecto Voz Natura.
Preparamos no seu momento 2 tarros coas pavías, auga fervida fría, 2 culleradas de azucre por tarro e un par de ramiñas de canela.
QUE SABOROSAS !