blogue deangelesrodriguez

Xoves de Compadres.

Comeza o ENTROIDO e temos boas novas para o colexio.

Como cada ano participamos no Concurso de Compadres que organiza o Concello de Monforte de Lemos e aquí están os resultados : 

- Accésit para os " Compadriños de E.Infantil " na categoría Barrios Colectivo.

- Accésit para o compadre " Irmandiño Gandariño " na categoría de Centros de Ensino.

Tamén esta mañá apareceu por sorpresa no porche do cole un mural moi xeitoso cos nosos " Supernenos da Gándara " . Quen estará detrás disto ?

Aquí tedes un pequeno resumo en fotos do día de hoxe : 

24 de Xaneiro. Día da Educación.

O pasado mércores día 24 , DÍA DA EDUCACIÓN , tivemos unha visita moi especial . Viñeron a vernos  Sarita Fernández ( mestra e directora da Gándara ) e tres dos seus alumnos : Sandra Moreiras, Daniel Noguerol e Iván Pérez.

Foi unha mañá emotiva e moi interesante na que nos contaron unha morea de cousas do seu paso ( hai anos xa ) polo noso cole. Moitas grazas aos catro !

Para ver o resumo desta sesión, picade na seguinte ligazón : 

                       https://youtu.be/-DWqINw9O_U

Charla sobre Drogodependencia. 5º de E.Primaria.

O alumnado de 5ºA e 5ºB de E.Primaria participou en dúas sesións sobre DROGODEPENDENCIA os pasados 09 e 16 de xaneiro.

Estas charlas foron impartidas por Dª Luísa Astray, Educadora Social da Unidade Asistencial de Drogodependencia ( UAD ) do concello de Monforte de Lemos e estiveron baseadas fundamentalmente no tabaquismo e na súa prevención.

Para ver o vídeo resumo , picade na seguinte ligazón : 

                                 https://youtu.be/skHpuoZNJEg

Actividade de Voz Natura

O alumnado de 4º, 5º e 6º de E.Primaria participou hoxe nunha actividade enmarcada dentro do Plan Director do Proxecto Voz Natura.

A charla foi impartida polo garda civil D.Roberto Pérez e polo sarxento D.Hipólito Garrido pertencentes ao SEPRONA da provincia de Lugo.

O alumnado aprendeu moitas das funcións da garda civil, en concreto as relacionadas con SEPRONA e todo o relacionado coa prevención de incendios, coidado da flora e da fauna, vixiancia dos recursos hídricos e montes, etc.

25 de Novembro

Achégase o 25 de Novembro : Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller .

O alumnado de 6º de E.Primaria participou no obradoiro " Patriarcado Baneado ",actividade proposta polo CIM Monforte.

Impartiron esta sesión Sonia e Ester, de CAVAS GALICIA ( Centro de Atención a Vítimas de Agresión Sexual )

Para ver o vídeo resumo , picade na seguinte ligazón :