CPInclúe

Mochilas de Igualdade

En colaboración coa biblio, un ano máis circularon de casa en casa as nosas mochilas de Igualdade cheíñas de historias de mulleres fantásticas, incribles...historias coeducativas, historias para grandes e pequenos para desfrutar dende as casas. Mirade que historias contiñan!!

25N

Este 25N coa axuda das familias que teceron unhas fermosísimas bolboretas, creamos esta obra artística que decorou e embeleceu o parque do lado do cole.

Esta actividade enmárcase nas actividades programadas na modalidade IguálaT

 

 

 


Esta foi a maneira de dar visibilidade a esta data dende o centro para toda a veciñanza e comunidade educativa.

Ademais tamén preparamos na biblio unhas bolboretas con mensaxes que penduramos da árbore que alí temos. Mirade aquí o bonitas que quedaron!!

 

 

DÍA DA PAZ

Este día da paz, fixemos unha actividade no centro durante toda a semán. O alumnado foi gardando mensaxes de Paz que recolleron no cole, pero tamén no mercado de abastos, no que a nosa pombiña da paz estivo colgada durante toda a semana.

O día 30 fixemos un acto todo o centro e aproveitamos para facelo inclusivo e que chegara a todo o alumnado empregando pictogramas.

Distribuir contido

Back to top