CPInclúe
TEATRO EN CLAVE FEMININA
Enmarcado no contexto da celebración do día da muller e como actividade incluída nos contratos programa CPInclúe estamos levando a cabo no mes de marzo un taller todos os luns de teatro para familias onde se traballan diferentes figuras de muller relevantes na literatura. Iria Piñeiro é a encargada de levar a cabo este obradoiro que desfrutamos todas.
Coñecemos aspectos do seu legado á vez que desfrutamos duns ratos en familia do máis enriquecedores.
Actividade da modalidade ConvíveT
OBRADOIRO IGUALDADE PRISMA, CON PRISCILA RETAMOZO
Dentro das actividades organizadas pola semana da muller, este martes día 5 levamos acabo un obradoiro de Igualdade co alumnado de Infantil, 1º e 2º ciclo.
Aprenderon e desfrutaron á vez, traballando contidos importantes para converter a nosa sociedade nunha sociedade máis igualitaria.
SEMANA DA MULLER
Compartimos as actividades plantexadas para a semana do 8M
Se queredes inscrivirvos nos obradoiros de ioga ou para o coloquio, escribide ao centro. ceip.abelendo@edu.xunta.gal
TEATRO EN FAMILIA
Está a piques de comezar unha actividade moi atractiva para familias. De xeito gratuito, na nosa biblioteca comezará unha actividade de teatro.
Será organizada dende o Programa BIBLIOTECA CREATIVA, en coordinación coa modalidade IguálaT de CPInclúe.
Ademáis é unha das maneiras de dinamizar a biblioteca de centro parte das actividades Panca do Programa PROA+
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »