Agora toca descansar!!!!
Remata o curso e chega por fín o verán. Foi un final de curso atípico cheo de incertezas e incluso medos, pero tamén de aprendizaxes. Só teño palabras de agradecimento para as familias que estiveron ao pé do cañon acompañándonos nesta viaxe desde casa.
Ola de novo!!!
Esta semana toca limpar cristais, a ver que tal se vos da.
Ola familias:
Imos traballar a Limpeza con Máquinas. Sei que lles gustan moito e é unha pena non poder traballar con elas, polo que estiven a pensar e fixen unhas actividades interactivas que espero que lles gusten.
Ola de novo!!!!
Para comezar esta semana preparei unhas actividades interactivas moi apetecibles, todas elas relacionadas coa cociña e coa elaboración de recetas sanas e saudables...
Pincha no enlace que tes na parte de abaixo e .... disfruta da comida!!!!
Ola familias,
para que os vosos fillos e fillas poidan ir traballando dende a casa déixovos unha serie de materiais para repasar o que estivemos a facer este curso.