Aula virtual e Galería

  

Familias

ANPA

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Iniciar sesión

ÚLTIMAS CIRCULARES

Cuarto día no lectivo de este curso escolar | CEIP Los Llanetes

Informamos que mañá mércores, 7 de outubro, non haberá clase por festividade local. 

Ademais o vindeiro luns, 12 de outubro será non lectivo tal e como se establece no calendario escolar (Orde do 25 de xuño de 2020, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia).

ÚLTIMAS CIRCULARES

24/09/2020

Informamos que o vindeiro venres, 25 de setembro, está prevista a incorporación do alumnado do Programa Formativo.

 

O horario lectivo durante o mes de setembro será de 9:00 a 14:30 horas. A entrada ao centro realizarase de forma escalonada de 8:40 a 9:00 pola porta de acceso de transporte.

 

Este ano, o alumnado deberá traer a súa propia merenda e unha botella de auga (todo debidamente identificado co nome). Cada grupo realizará a merenda na súa aula.

 

En canto ao servizo de comedor, distribuiremos aos comensais en 3 quendas. O horario do PFFPB para este servizo será de 14:30 a 15:00 h. Aquel alumnado que non sexa usuario de comedor, sairá ás 14:30 h. pola porta do comedor.

 

A disposición do alumnado no comedor será fixa durante todo o curso e mantendo a distancia de seguridade. O alumnado permanecerá no seu posto onde recibirá a bandexa co servizo completo. Este curso, de maneira excepcional, eliminarase a rutina do cepillado de dentes. Cando remate a súa quenda, os comensais permanecerán no espazo contiguo ao comedor (se chove no ximnasio) ata que sexan recollidos ou dirixidos ao transporte.

 

As 14:55 h. é o horario límite de recollida do alumnado.

 

Con todas estas medidas, pretendemos garantir a seguridade do alumnado nesta situación de pandemia.

Abalar Móbil

Informamos ás familias da necesidade de instalar AbalarMóvil. AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha  tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos  seus fillos a través destes dispositivos.

 https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

ÚLTIMAS CIRCULARES

11/09/2020

Informamos que  a partir do luns, 14 de setembro, o alumnado deberá traer a súa propia merenda e unha botella de auga (todo debidamente identificado co nome). Cada grupo realizará a merenda na súa aula.


 

En canto ao servizo de comedor, distribuiremos aos comensais en 3 quendas:

1ª quenda: de 13:30 a14:00 h.

Grupo 1 (titora Silvia Andión).

Grupo 6 (titora Nuria Garrote).

Grupo 7 (titora Zaida Pena).

2ª quenda: de 14:00 a 14:30 h.

Grupo 2 (titora Alicia Queiro).

Grupo 3 (titora Mª del Mar Pena).

Grupo 4 (titora Beatriz Caamaño).

Grupo 5 (titora Alba Becerra).

Grupo 8 (titora Noela Rivas).

3ª quenda: de 14:30 a 15:00 h.

Programas Formativos.


 

disposición do alumnado no comedor será fixa durante todo o curso e mantendo a distancia de seguridade. O alumnado permanecerá no seu posto onde recibirá a bandexa co servizo completo. Este curso, de maneira excepcional, eliminarase a rutina do cepillado de dentes. Cando remate a súa quenda, os comensais permanecerán no espazo contiguo ao comedor (se chove no ximnasio) ata que sexan recollidos ou dirixidos ao transporte.

Para diminuír riscos, recomendamos a recollida do alumnado, ao rematar a súa respectiva quenda pola porta de comedor. 

As 14:55 h. é o horario límite de recollida do alumnado.

Con todas estas medidas, pretendemos garantir a seguridade do alumnado nesta situación de pandemia. 

Estamos de Volta!!!(Última Versión 17/09)

Seguindo as últimas instrucións recibidas, o día de inicio do curso para Programas Formativos será o 25 de setembro.

Premio Genuine de Debuxo - Escolas Blanquiazuis

Estamos orgullosas de anunciar á gañadora do Premio Genuine de debuxo: Ana Isabel Pérez López. Moitos parabéns!!!!

https://www.laopinioncoruna.es/deportivo/2020/07/05/premio-genuine-debuxo-deportivo/1515546.html

 

A VOLTA AO COLEXIO

  

Galicia mantén o inicio do curso escolar para o 10 de setembro, coa incorporación gradual das alumnas e alumnos.

 

Datas de incorporación no CEE Nosa Señora do Rosario:

- Alumnado de Educación Especial (Infantil, Primaria e ESO): 10 de setembro

- Alumnado de Programas formativos FP básica: pendente de confirmación

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31756

As Instrucións polas que se incorporan a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública aprobadas polo Consejo Interterritorial do Sistema Nacional de Salud Pública e a actualización das recomendacións sanitarias do Comité Clínico ao protocolo do 22 de xullo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 poden consultarse no Portal Educativo, cos cambios resaltados respecto da anterior versión do Protocolo, na seguinte ligazón: 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31754

Aniversarios Xullo e Agosto

Lembrámosvos aínda que sexa verán e esteamos de vacacións. Parabens!!

Ata o mes de setembro

Desexamos que todas e todos pasedes un fantástico verán a pesar da estraña situación que estamos a vivir. Agradecémosvos o gran esforzo que fixechedes nestes singulares meses e contade con que toda a  información que vaia saindo de cara ao curso 2020/2021 será publicada nesta páxina. Igualmente podedes contactar con nós a través do correo electrónico cee.nosasenhora.rosario@edu.xunta.gal e do teléfono do centro 881961070.

Vémonos en setembro!

  • Publicado no DOG do 9 de xullo a Orde do 25 de xuño de 2020 do Calendario escolar para o curso 20/21.
  • Publicada na web da Consellería o Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2020-2021. Pincha no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31520. Estase a elaborar tamén un protocolo específico para os Centros de Educación Especial, que atenda as peculiaridades deste alumnado.
  • Publicadas na web da Consellería as Instrucións do 30 de xullo en relación ás medidas educativas que se deben adoptar no curso académico 2020/2021 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas da educación infantil, da educación primaria, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato. Pincha no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31636