Skip to Content

EMPRENDENDO CON ÉXITO

     "EMPRENDENDO CON ÉXITO" é o nome que leva o proxecto de formación que estivemos a desenvolver no Centro durante este curso  coa participación e a implicación  de prácticamente todo o Claustro , e ao que se lle pretende dar continuidade de cara aos próximos cursos.

        A principal  finalidade deste proxecto é o deseño e o desenvolvemento de  metodoloxías de traballo vinculadas á educación emprendedora dende un enfoque innovador, global e funcional co que poder potenciar as competencias persoais e profesionais do alumnado ao tempo que se establece unha conexión entre o sistema educativo e a contorna.

         Como resultado deste traballo levamos á  práctica unha experiencia piloto coa que conseguimos involucrar a todo o alumnado   mediante unha proposta de  traballo en cadea . Tanto o proceso como o resultado final da experiencia fannos valorar de xeito moi positivo , enriquecedor e motivante  o desenvolvemento deste tipo de metodoloxías.

 



story | by Dr. Radut