Skip to Content

Aula 3

Coñecemos as vogais

Ola familias! Na nosa aula continuamos coñecendo o mundo das vogais. Solemos traballalas de maneira manipulativa con diferentes materiais, pero esta vez tocounos ir pegando na letra 'A' diferentes pegatinas para finalmente colorear o debuxo da árbores que empeza pola letra 'A'. 

Ademais de que imitamos na clase o sonido da 'A'


Educación Vial

Ola familias! O venres o noso colexio participou nunha actividade sobre Educación vial organizada polo concello.

Os nosos nenos aprenderon e recordaron os sinais de tráfico máis importantes, o que é un paso de peóns entre outras cousas...

 

Traballo de mesa

Ola familias! Aquí podedes ver o traballo en mesa de Lucas, Branyeli e Abraham. Moi concentrados e sempre acompañandonos dos nosos comunicadores que ao final son a sua voz!

Día de Rosalia

Ola familias! O venres é o Día de Rosalía e nos na clase xa estamos traballando sobre ela!

Somos un equipo

Na aula 3 temos un lema! Somos un gran equipo!

Neste equipo seguimos a incluir a Milito que inda que xa non está no cole, seguímolo botando moito de menos!

Traballamos a nosa atención

Ola familias! A Branyeli e a Abraham encantalle traballar con puzzles, por iso sempre temos unha sesión onde nos dedicamos a facer uns cantos.

 

O traballo cos puzzles e moi bo, posto a que estamos a traballar a súa creatividade, a coordinación, a atención,a lateralidade e a motricidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut