Skip to Content

Aula 3

Un gran trimestre

Estou moi orgullosa dos meus pequenos!!! Foi un gran trimestre! 

Terapia de animais con becerros

Ola familias! Hoxe tivemos unha visita super especial para nos. Como cada quincena de martes tivemos a nosa terapia de animais, pero esta vez con becerros. A experiencia foi increible. Ata lle deron o biberón!

Lucas, Abraham e Branyeli desfrutárono moito!

O Comunicador

Ola familias! Continuamos traballando cos comunicadores. Desta vez  tamén puxémolo na pantalla grande da aula. Menuda alegría que levaron!!!

Traballo en mesa

Lucas e Branyeli son moi traballadores. Unha vez que acaban a súa tarefa, sempre se lles recompensa con pintura de dedos.

Están feitos uns campións!!!

Saída ao Auditorio cos comunicadores

Ola familias! Hoxe pasámolo en grande! Fumos ver unha obra de teatro ata o Auditorio de Ourense. Levamos os nosos comunicadores posto que son a nosa voz.

Abraham, Branyeli e Lucas pasárono xenial!!!

Lectoescritura

Continuamos co noso inicio a lectoescritura. Xa coñecemos moitas vogais e como é o seu sonido.

Ademáis o agarre do lápiz de Branyeli e Lucas e fantástico!

Distribuir contido


by Dr. Radut