Xardinería e Viveirismo |
17/11/2023
- Podemos ver como, nas nosas rúas e nos alrededores da Coruña, o picudo vermello (Rhyncophorus ferrugineus) está a secar as palmeiras canarias en fincas particulares, xardíns, pazos... Incluso poidemos ler recentemente no periódico, cómo é necesario tamén intervir nos xardíns de Méndez Núñez para frenar o ataque ás palmeiras que alí se atopan, incluídas no catálogo da Xunta de Especies Senlleiras.
- A pesar dos tratamentos fitosanitarios aplicados na palmeira canaria (Phoenix canariensis) do patio do IES Zalaeta, todo apunta a que non superou o ataque do picudo vermello... Na foto podemos ver as larvas de color amarelo, que son as que comeron o brote principal da palmeira, ocasinándolle a morte. De cor marrón aparece tamén o niño dentro do que a larva realiza a súa metemorfóse, para transformárse no escarabello vermello que podemos ver voando durante a etapa de reproducción. |
|||
|
|||
17/09/2023
- Rematado o terceiro trimestre podemos ver neste arquivo algúns dos traballos que realizamos neste final de curso.
Ata o curso que ven¡ |
|||
28/07/2023 20:27
Continuamos muy pendientes del proyecto Twin Space Zero Waste!* (etwinning) promovido por el IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz (Lugo). Nos proponen ahora una nueva iniciativa: seguir investigando sobre el compostaje y realizar un terrario en el que se desarrollen a pequeña escala los procesos que generan el humus “artificial” que denominamos compost |
|||
13/05/2023
Rematamos o proxecto de este curso 2022-2023 titulado "Renaturalizamos o noso entorno". Pretendimos arranxar os desperfectos que ocasionaron unhas obras realizadas no entorno do CEE María Mariño. Conseguimos o noso obxectivo, pero aínda queda moito traballo por facer... |
|||
09/05/2023
Participamos por terceiro o ano consecutivo no día da Ciencia na rúa, que se celebrou no parque de santa Margarita. Alí intentamos dar a coñecer un pouquiño máis o traballo que facemos no CEE María Mariño. Incluso fixéronnos unha entrevista pola radio...
|
|||
09/05/2023
O pasado 25 de abril visitamos o CFEA (Centro de Formación e Experimentación Agroforestal) de Guísamo. Traballamos cos alumnos e alumnas do ciclo superior de paisaxismo e medio rural tras asistir a unha clase de manexo de maquinaria impartida polo profesor do CFEA don Vicente Manso. Agradecemos á directora dona Camino Nicolás Balado, e ao resto do persoal as atencións que nos prestaron. Esperamos para o curso que ven establecer un convenio de colaboración entre o noso CEE e o CFEA, e repetir esta experiencia tan enriquecedora... Charla inicial de manexo de maquinaria de xardín e de prevención de riscos:
Traballo cos alumnos e alumnas do CFEA:
Visitamos tamén a finca:
Cerezo péndula xaponés no arboreto
Invernadoiro de fieitos arborescentes
Invernadoiros de propagación
Invernadoiros de aviveirado.
|
|||
09/05/2023
No cuso 2019-2020 presentamos un proxecto VOZ NATURA titulado “Una alto no Camiño”. Pretendíamos facer unha plantación de maceiras de uso tradicional en Galicia, enxertadas en patróns M25 para que as árbores alcanzaran un tamaño suficiente para dar sombra. O lugar elexido sería no Camiño de Santiago, dando sombra a froita de tempada aos peregrinos. Pero primeiro pola COVID e posteriormente por ter problemas para elexir o emprazamento adecuado, non foi hasta este curso 2022-2023 que poidemos facer a plantación… O lugar elexido foi o monasterio de san Salvador de Bergondo polo que pasa unha variante do Camiño de Samtiago denominada “Camiño Mariñán”. O pasado 19 de abril, por fin, realizamos a plantación de 3 maceiras da variede de vidro, 2 da variedade Príncipe e 3 da variedade Ollo Mouro. A planta… Segamos a herba con cortacéspedes e cortabordes. Arreglamos previamente os danos causados por xabarís e toupas Cepillamos e demos unha mano de lasur ao panel informativo sobre o Camiño Mariñán.
Desherbamos o bordillo e puxemos unha lousa o pé do panel informativo
E plantamos as maceiras de variedades tradicionais galegas... Traballo feito. Pero aínda volveremos a facer labores de mantemento, plantación de carballos noutros emprazamentos...
E tivemos a sorte de saír en La Voz de Galicia: . |
|||
08/04/2023
- Concluímos o segundo trimestre e cada vez levamos máis cosas aprendidas na nosa mochila...
Ver Traballos do segundo trimestre (curso 2022-2023)
|
|||
07/04/2023
- A correcta xestión da materia orgánica é de vital importancia para manter un aproveitamento sostible do noso entorno. Presentámosvos un novo titorial no que explicamos como convertimos os residuos das prácticas de xardinería e viveirismo (herba cortada, restos de poda...), nun recurso importantísimo para seguir creando xardíns: o compost |
|||