Con este novo tipo de actividade (novo desde a versión 3.1) podemos completar palabras con letras.

A edición é moi sinxela:

Ortografía: Completar as letras dunha palabra

- Na caixa de PALABRAS temos que escribir a palabra á que lle vai a faltar algunha letra. Para indicarlle ao editor que letras queremos ocultar debemos colocar diante de cada unha delas unha barra baixa. Exemplo: _Bailar significa que na actividade vai a faltar a letra B. O número de letras máximo a escribir na caixa é de 10 (incluidas as barras baixas).

- Na caixa de LETRAS temos que escribir as outras letras que se nos van a ofrecer para completar a palabra. Ollo: as letras correctas non temos que poñelas pois o editor xa o fai por nós. O número máximo de letras incorrectas a escribir aquí é de 6.

Podemos completar a actividade engadindo unha imaxe e un texto explicativo coa norma ortográfica a traballar ou indicacións de como facer o exercicio.


Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55