Este tipo de páxina amplía as posibilidades de "ortografía" xa que permite empregar ata tres imaxes e tres palabras/frases. Os caracteres que se queran ocultar irán precedidos do signo "_", por exemplo: MUSEO DO _L_O_U_V_R_E
Pode engadir son en .mp3 para cada unha das tres palabras.
É importante sinalar que as letras das tres palabras aparecen mesturadas. Diferénciase de "Ortografía" en que neste caso só aparecen as letras precisas para formar as tres palabras pero ningunha máis que poida despistar.
Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55