Se abrimos o editor aparecen tres columnas para escribir texto:
-    Na primeira temos que escribir o fragmento inicial da frase .
-    Na segunda a palabra que completa a frase.
-    E na terceira o fragmento final da frase.

completar

Como en páxinas anteriores, presenta 3 modalidades de comportamento:
•    Escribir textos: para escribir a palabra que falta.
•    Escribir con axuda: Aparece un listado coas palabras que hai que escribir.
•    Arrastrar: Para arrastrar as palabras ata os ocos.

O editor permítenos traballar con seis frases na mesma pantalla. Debemos ter en conta que as frases introducidas barállanse cada vez que iniciamos o exercicio.


Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55