F.A.Q . LISTADO DE PREGUNTAS FRECUENTES.



imaxe dun punto. Só estética
Preguntas frecuentes referidas ao curso.

Onde se envían as tarefas?
Xunto coa descrición da tarefa aparece un formulario para escoller o arquivo e envialo ao curso. Os titores recibimos un aviso cada vez que se envía un traballo.Non é necesario contactar co titor.

Canto tempo teño para acabar unha tarefa?
O tempo límite correspóndese coa duración do módulo/módulos e poden ser semanais ou quincenais.

Ademáis das tarefas obrigatorias podemos facer outras voluntarias e publicalas no blog e o repositorio?
Si, podedes experimentar coas diferentes posibilidades de LIM e publicar os resultados no blog e o repositorio. As tarefas voluntarias non se avalían.

Para que versión de EdiLIM é este curso?
Este curso está deseñado para a versións 3.5 (non unicode, ou sexa que non admite catacteres UTF8) e 4.0 (unicode, multiidioma que admite caracteres UTF8) de E
diLIM , aínda que pode conter imaxes que se corresponden con versións anteriores do software, este feito non ten importancia.

Existen versions para Windows, Linux e osX (Mac)  http://educalim.com/lab.htm 


punto Preguntas frecuentes sobre EdiLIM e LIM

Cómo instalar o EdiLIM?

EdiLIM non necesita instalación, o único que tes que facer é descomprimir o arquivo zip e executar edilim.exe.
Consume moi poucos recursos e pode funcionar en case calquera ordenador, pensa que foi deseñado para que a velocidade ou capacidade das máquinas non fora un atranco.

Non podo abrir un arquivo-libro con EdiLIM
O máis seguro é que o arquivo teña un erro de formato. Intenta corrixilo cun editor de textos tipo Bloc de Notas de windows .

Con EdiLIM só podes abrir os arquivos .lim ou .lime

Abro un libro, pero non aparecen as imaxes.
O máis probable é que o almacén de recursos non exista. Os elementos multimedia están ligados a un directorio, se edilim non atopa ese directorio non pode amosar as imaxes. Vai a "propiedades" e alí localiza o directorio de recursos.

Que formatos de arquivos admite o LIM.
LIM admite imaxes en formato .jpg, .gif ou .png ; sons en .mp3; videos en .flv ou .mp4; animacións flash en .swf e arquivos de texto en formato .txt ou .htm

Por que sempre recomendades o formato de imaxe .png
Os formatos de imaxe .gif e .png teñen a ventaxa de poder poñerlle o fondo transparente (cousa que non permite o .jpg) co cal podemos darlle maior vistosidade ás nosas actividades. Entre estes dous formatos o .gif traballa con tan só 256 cores, e como flash estira e encolle as imaxes pode non dar o resultado óptimo que pretendemos.

Non aparecen elementos no almacén de recursos
Comprobe que o directorio que especifica na páxina de configuración (botón "propiedades" ) contén arquivos de imaxe, son , animación (.swf) ou textos (".txt"). Se a casilla de directorio de recursos aparece en branco, seleccione un directorio para comezar a traballar.

Non podo escribir nun cadro de texto.
Só podemos escribir nos cadros de texto de cor branca.

Exporto o libro, pero non funciona.
Algúns navegadores de internet poden limitar a ejecución de elementos flash, presta atención aos avisos dos navegadores.

Non podes escoller como cartafol de destino un cd.

Revisa que tes instalado o complemento de Flash: http://get.adobe.com/es/flashplayer/

Arrastro unha imaxe, pero non aparece completa.
Este comportamento é intencionado, e serve para que o usuario poda ver a relación entre o tamaño que amosa LIM e as dimensións da imaxe.

Non vexo as animacións.
Edilim non pode mostrar animacións, éstas represéntaas cunha icona. Manipula a icona pola fiestra como calquera imaxe.

No meu ordenador o libro funciona ben, pero non consigo ver as actividades na internet.
Cando publiques un libro na internet debes "subir" todolos arquivos creados por edilim: libro ( ".lim", pero pode ter calquera extensión) , páxina web (".html"), player ("lim.swf") e o directorio de recursos. Se tes dúbidas crea un arquivo zip e logo sube todo o seu contido a internet ( debes descomprimilo antes ).

Cómo podo modificar un libro-LIM?
Premes no botón abrir e buscas o arquivo de extensión .lim ou .lime. Non o zip, se queres utilizar o contido do zip antes debes descomprimilo.

Edilim e LIM son gratuitos?
Si, todos os recursos da contorna LIM son gratuítos e poden utilizarse e distribuirse sen ningunha limitación.

punto Preguntas frecuentes sobre "Xogamos?"

Que é o Proxecto Xogamos?
Son unha serie de recursos informáticos adicados á elaboración e utilización de xogos de pregunta-resposta.

Por que é importante un xogo baseado en preguntas?
As preguntas están sempre presentes no proceso educativo. Utilizamos preguntas para introducir un tema, motivar a los alumnos, avalialos,... de ahí que consideremos pertinente a realización de xogos baseados en preguntas e respostas.

Unha actividade baseada en preguntas con catro alternativas de resposta das cales só unha é a correcta non será excesivamente conductista?
O conductismo depende da metodoloxía e de como empreguemos as distintas ferramentas e recursos máis que das ferramentas en sí.

Que podo configurar en xogamos?
A novidade de Xogamos é que podemos configurar tanto as preguntas como toda a estética e comportamento do xogo.

Para que serve o EdiPre?
O EdiPre é o programa que me permite EDItar as PREguntas. Nel temos que escribir as preguntas e ata catro alternativas de resposta das cales só unha é correcta. Podo engadirlle son á pregunta e incluso poñer unha mensaxe e son personalizado de acerto ou erro. Permite ademáis engadir unha imaxe ou video a cada pregunta, e incluso unha ligazón a unha páxina web.

Para que serve o DEX?
DEX é a aplicación que me permite deseñar a estética do xogo. Podemos configurar o número de xogadores (1 ou 2), o comportamento das fichas do xogo, do taboleiro, do crono,... todas as imaxes e sons corren tamén da nosa conta.

Que arquivos preciso para completar un xogo con xogamos?
Preciso os arquivos que exportei co Edipre (arquivo coa extensión .xml , imaxes, sons, videos,...), os arquivos que exportei co DEX (arquivo coa extensión .xml , imaxes, sons, videos,...), o intérprete flash xoga.swf e unha páxina web con estensión .htm coa que vou a abrir o xogo.

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55