DEX é unha aplicación informática para o deseño das interfaces visuais dos xogos.

En contornas windows é posible utilizar DEX mediante un shell executable, dex.exe, pero neste caso é necesario dispor do control activex flash player ( que se ofrece en www.adobe.es para MS Internet Explorer).


Botóns:

DEX - Botóns

Novo: Crear un novo deseño.
Abrir: mostrar o diálogo para cargar un arquivo almacenado con anterioridade.
Gardar: gardar o deseño nun arquivo XML e xerar un ficheiro empaquetado TAR.
Etiquetas: para ocultar as etiquetas ou facelas visibles.
Textos: mostra as opcións para o formato de textos.
Modo: para configurar os parámetros de execución do xogo.
PezasA PezasB: para crear-borrar as pezas de xogo.

DEX - Programa aberto

As etiquetas:


Distribuídas pola fiestra aparecen as etiquetas correspondentes aos elementos do xogo, o usuario podes desprazalas mediante o xesto “arrastrar e soltar” ( movemento do rato mantendo pulsado o botón esquerdo).


Significado das etiquetas:


Fondo: imaxe de fondo do xogo.
Logo: imaxe corporativa, descritiva , etc.
Taboleiro: imaxe de fondo sobre a que se desenvolve o xogo.
Marcador: imaxe de fondo do marcador. Deberemos ter en conta se o xogo está pensado para un ou dous xogadores.
Crono: imaxe para o cronómetro. Dependendo do modo seleccionado pode ser o fondo ou unha imaxe activa que se despraza ou modifica segundo transcorra o tempo.
Botón: imaxe que se utiliza para dar paso ás preguntas. Cando o usuario pulsa nesta imaxe móstrase a pregunta seguinte.
Marco: imaxe sobre a que se mostran as preguntas.
Axuda: imaxe ou icona que mostra a axuda do xogo cando o usuario fai click.
Son: imaxe ou icona para activar ou desactivar a reprodución de sons.


Ao pulsar sobre unha etiqueta de imaxe móstrase o seguinte diálogo:

DEX - Etiqueta

1: Nome da etiqueta seleccionada.
2: Botón para abrir arquivo.
3: Nome do arquivo de imaxe.
4: Botón para aceptar, en caso de escribir directamente no cadro 3, ou para borrar se se elimina o texto do cadro 3.
5: Coordenadas de posición da imaxe.
Para borrar unha imaxe, elimine o nome de arquivo (cadro 3 ) e prema no botón 4.


No caso da etiqueta fondo ademais pódese definir unha cor de fondo e un nivel de transparencia (de 0 a 100, sendo 0:transparente e 100:opaco).

DEX - Etiqueta fondo


As etiquetas título e subtítulo permiten definir outras variables. Os códigos de cor van desde FFFFFF (branco) a 000000 (negro). En wikipedia pode obter máis información sobre esta forma de notación das cores. Tamén podedes utilizar a utilidade gratuita ColorCop para obter o código da cor que nós queiramos.

DEX - Etiqueta título


Botón textos: Opcións de configuración dos textos das preguntas e mensaxes:

DEX - Etiqueta textos


Botón modo:

DEX - Botón modo


Tipo de xogo: Escriba un dos seguintes números segundo o tipo de xogo que desexa crear.


0: As pezas do xogo aparecen sucesivamente segundo respóndese correctamente ás preguntas.
1: As pezas desaparecen coincidindo coas respostas correctas.
2: Unha peza cambia de posición segundo os acertos.


Invertir: por defecto a primeira peza do xogo é a primeira peza en DEX, se activa esta casa invírtense as posicións. ( os movementos das pezas transcorren cara atrás)


Mostrar primeira: Amosa a primeira peza do xogo.


Dous xogadores: para deseñar xogos para dous xogadores. Se non activamos este recadro enténdese que queres facer un xogo para un só xogador.


Efectos: determina a forma como se amosa o marco das preguntas.


0:Sen efecto.
1: aparece suavemente.
2: desprázase desde a esquerda.
3: aparece desde arriba.


Crono, serve para definir o comportamento do cronómetro:


0: sen efecto.
1: a imaxe diminúa a súa lonxitude.
2: a imaxe diminúe a súa altura.
3: a imaxe desprázase de esquerda a dereita.
4: a imaxe móvese de abaixo a arriba.


Botón PezasA PezasB Ao pulsar nestes botóns amósase o diálogo sobre propiedades das pezas: cadro de selección (1) , coordenadas (2) , botón deslizante para virar as imaxes (3) , botóns para inserir novas pezas ou borrar as actuais (4):

DEX - Botón modo


A modo de resume podes ver o seguinte video-titorial

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55