Botóns:
Novo: Crear un novo deseño.
Abrir: mostrar o diálogo para cargar un arquivo almacenado con anterioridade.
Gardar: gardar o deseño nun arquivo XML e xerar un ficheiro empaquetado TAR.
Etiquetas: para ocultar as etiquetas ou facelas visibles.
Textos: mostra as opcións para o formato de textos.
Modo: para configurar os parámetros de execución do xogo.
PezasA PezasB: para crear-borrar as pezas de xogo.
As etiquetas:
Distribuídas pola fiestra aparecen as etiquetas correspondentes aos
elementos do xogo, o usuario podes desprazalas mediante o xesto
“arrastrar e soltar” ( movemento do rato mantendo pulsado o botón
esquerdo).
Significado das etiquetas:
Fondo: imaxe de fondo do xogo.
Logo: imaxe corporativa, descritiva , etc.
Taboleiro: imaxe de fondo sobre a que se desenvolve o xogo.
Marcador: imaxe de fondo do marcador.
Crono: imaxe para o cronómetro. Dependendo do modo seleccionado pode
ser o fondo ou unha imaxe activa que se despraza ou modifica segundo
transcorra o tempo.
Botón: imaxe que se utiliza para dar paso ás preguntas. Cando o usuario pulsa nesta imaxe móstrase a pregunta seguinte.
Marco: imaxe sobre a que se mostran as preguntas.
Axuda: imaxe ou icona que mostra a axuda do xogo cando o usuario fai click.
Son: imaxe ou icona para activar ou desactivar a reprodución de sons.
Ao pulsar sobre unha etiqueta de imaxe móstrase o seguinte diálogo:
1: Nome da etiqueta seleccionada.
2: Botón para abrir arquivo.
3: Nome do arquivo de imaxe.
4: Botón para aceptar, en caso de escribir directamente no cadro 3, ou para borrar se se elimina o texto do cadro 3.
5: Coordenadas de posición da imaxe.
Para borrar unha imaxe, elimine o nome de arquivo (cadro 3 ) e prema no botón 4.
No caso da etiqueta fondo ademais pódese definir unha cor de fondo e un nivel de transparencia (de 0 a 100, sendo 0:transparente 100:opaco).
As etiquetas título e subtítulo permiten definir outras variables. Os códigos de cor van desde FFFFFF (branco) a 000000 (negro). En wikipedia pode obter máis información sobre esta forma de notación das cores.
Botón textos: Opcións de configuración dos textos das preguntas e mensaxes:
Botón modo.
Tipo de xogo: Escriba un dos seguintes números segundo o tipo de xogo que desexa crear.
0: As pezas do xogo aparecen sucesivamente segundo respóndese correctamente ás preguntas.
1: As pezas desaparecen coincidindo coas respostas correctas.
2: Unha peza cambia de posición segundo os acertos.
Invertir: por defecto a primeira peza do xogo é a primeira peza en DEX,
se activa esta casa invírtense as posicións. ( os movementos das pezas
transcorren cara atrás)
Mostrar primeira: mostra a primeira peza do xogo.
Dous xogadores: para deseñar xogos para dous xogadores.
Efectos: determina a forma como se mostra o marco das preguntas.
0:Sen efecto.
1: aparece suavemente.
2: desprázase desde a esquerda.
3: aparece desde arriba.
Crono, serve para definir o comportamento do cronómetro:
0: sen efecto.
1: a imaxe diminúa a súa lonxitude.
2: a imaxe diminúe a súa altura.
3: a imaxe desprázase de esquerda a dereita.
4: a imaxe móvese de abaixo a arriba.
Botón PezasA PezasB Ao pulsar nestes botóns móstrase o diálogo sobre propiedades das pezas: cadro de selección (1) , coordenadas (2) , botón deslizante para virar as imaxes (3) , botóns para inserir novas pezas ou borrar as actuais (4).