Weekly outline
General
Este curso esta elaborado conxuntamente por Carlos Carrión Álvarez, profesor do IES San Clemente e Antonio de Andrés Lema, profesor do IES Pazo da Mercé. Neste enlace pódese acceder ao material directamente.
Todo o material está feito usando a plataforma mediawiki, que é software libre e é a mesma plataforma que usa a wikipedia. As vantaxes que vemos a esta forma de publicar o material son:
- O material é "vivo", pode actualizarse, corrixirse e mellorarse de xeito continuo.
- Está dispoñible en Internet (como se indica, podedes ver xa todo o material que usaremos no enlace http://informatica.iessanclemente.net/manuais/index.php/Curso_Platega_09-10:_Xestión_avanzada_de_Ubuntu._Servizos_de_rede_e_deseño_dunha_infraestrutura_de_dominio).
- O material é libre, está publicado con unha licenza Creative Commons, e podedes descargalo, utilizalo e modificalo se queredes usalo nas vosas clases no futuro.
Cómpre que teñades en conta que estes documentos son "instantáneas" do material que está na web, e como tales poden quedar obsoletas en pouco tempo, así que recomendámosvos que teñades sempre como referencia o material que está na web.
Outra cousa importante é que para instalar o equipo cliente, vaise facer uso doutro de Ubuntu Desktop. O enlace ao mesmo de xeito independente deste curso é (http://informatica.iessanclemente.net/manuais/index.php/Curso_Platega_08-09:_Sistema_operativo_GNU-LINUX:_UBUNTU_8.10). Ese curso está baseado na versión Ubuntu Desktop 8.10 e actualizado á versión 10.10. Veredes anotacións e modificacións nos casos en que haxa cambios substanciais entre unha versión e outra, no resto é posible que notedes pequenas diferencias (no aspecto das ventás, nalgunha opción que pode aparecer ou desaparecer); simplemente débese a este cambio de versión.
Requirimentos do curso
Para o curso precisaranse 4 ordenadores conectados á rede, nos que se irán instalando diferentes sistemas operativos (Ubuntu Server, Ubuntu Desktop, Windows e Windows Server).
A conexión a internet deberá ter unha velocidade que permita a descarga do software necesario para instalar en Ubuntu.
Sen máis, esperamos o curso cumpra as vosas expectativas.
Antonio e Carlos.
21 February - 27 February
- Coñecementos de partida
- Obxectivos e escenario da Parte I
- Características de Ubuntu Server
- Descarga de Ubuntu Server
- Instalación de Ubuntu Server
- Inicio por primeira vez de Ubuntu server
- Instalación de Ubuntu Desktop (Escritorio)
- O comando sudo. Apagar e reiniciar o sistema
- Editores de texto
- Configuración da rede
- Actualizar o sistema. Instalar e desinstalar paquetes
- Localización do sistema
- Ferramentas de administración remota
28 February - 6 March
- Como é a estrutura e compoñentes básicos dun servidor LDAP.
- Como instalar e o servidor LDAP e configurar un cliente para que se autentifique contra el.
- Administración do servidor LDAP.
- Configuración do servidor e cliente LDAP para realizar a autenticación de xeito seguro.
- vexamos pois...
- Obxectivos e escenarios da Parte II
- Introdución ao LDAP. O servidor OpenLDAP
- Instalación do servidor LDAP en Ubuntu Server
- Configuración do cliente LDAP
- Administración dos usuarios e grupos do LDAP
- Ferramentas para administración do LDAP
- Autenticación segura contra o LDAP. Uso de TLS/SSL
- Introdución ao servizo DNS
- Instalación e configuración do servizo DNS con Ubuntu Server
Material en formato PDF (a 28/2/2011):
7 March - 13 March
- Servizo de NFS e xestión de permisos con ACLs.
- Obxectivos e escenarios da Parte III
- Introdución a NFS
- Instalación do servidor NFS en Ubuntu Server
- Configuración do cliente NFS
- Problemas de seguridade con NFS
- Permisos e listas de control de acceso: ACLs, Eiciel
Material en formato PDF (a 6/3/2011):
14 March - 20 March
Kerberos ofrece un protocolo de seguridade bastante forte, e por iso toda a configuración ten que estar perfectamente afinada para que funcione, e calquera erro fará que a cousa non vaia (de todas formas o uso de kerberos é por outra banda a única forma de darlle un nivel de seguridade aceptable a NFS).
- Imos agora a pola seguridade con kerberos:
- Introdución a kerberos
- Instalación do servidor kerberos en Ubuntu Server
- Configuración do cliente kerberos
- Administración dos usuarios do dominio con LDAP e kerberos
- NFS e Kerberos
Material en PDF (a 16/03/2011): - Introdución a kerberos
21 March - 27 March
Precisarase dun terceiro equipo con MS Windows instalado (vale Windows XP, Vista ou 7, o que máis rabia vos dea). Este equipo actuará como cliente dentro do noso dominio xestionado polo servidor samba.
Que se vai ver:
- Obxectivos e escenarios da Parte IV
- Introdución a Samba
- Instalación do servidor Samba en Ubuntu Server
- Administración de usuarios do dominio con Samba
- Engadir un equipo cliente ao dominio
- Compartir recursos no servidor de Samba
- Configurar scripts de inicio de sesión
Material en PDF (a 22/03/2011):
11 April - 17 April
Como meter un equipo GNU/Linux nun dominio de Windows?. Precísase un servidor Windows 2003 (os apuntes foron probados nun server 2008 e todo funcionou perfectamente) e un novo equipo ubuntu Desktop, para non liarse con todas as configuracións anteriores.
- Obxectivos e escenarios da parte VI
- Introdución a Samba as Active Directory Member Server/Station: sadms
- Instalación e configuración básica de Active Directory e servidor DNS
- Instalación e configuración básica do equipo Ubuntu Desktop e do Servidor DNS
- Instalación de SADMS
- Configuración e instalación do escenario básico 6.1
- Configuración e instalación do escenario complexo 6.2
- Recomendación para un contorno real de traballo