Saltar navegación

Rotar Imaxe

Se pinchamos na opción Rotar imaxes... do menú contextual, obtemos a seguinte pantalla coas opcións que se explican a continuación.

rotar

A pantalla está dividida en dúas partes: Na primeira nos pide o ángulo de rotación que lle queremos aplicar á imaxe; na segunda nos pregunta sobre o nome que lle queremos dar ao ficheiro resultante da operación.

Ángulo de rotación

Respecto do ángulo de rotación temos dúas opcións:

  • Seleccione un ángulo:

Neste caso temos tres opcións predefinidas que vemos nesta imaxe:

grados

  • 90º clockwise: Rotará a imaxe 90º no sentido das agullas do reloxo.

  • 90º counter-closewise: Rotará a imaxe 90º no sentido contrario ao das agullas do reloxo.

  • 180º : Rotará a imaxe 180º.

  • Ángulo ... graos no sentido horario:

A imaxe rotará  a cantidade de graos especificada, no sentido das agullas do reloxo. Para aplicar esta opción, cando sexa necesario (imaxes en diagonal), o programa creará un fondo coas dimensións necesarias para acoller a imaxe unha vez rotada, cambiando así as dimensións da mesma.

Nome do ficheiro
Respecto do nome do ficheiro para o resultado da operación temos dúas opcións:

  • Engadir ao final...

Se eliximos esta opción deberemos especificar un texto que o programa utilizará para dar nome aos ficheiros resultantes da operación realizada, engadindo este texto ao nome orixinal antes da extensión. Así conservaremos o ficheiro orixinal intacto e obteremos unha copia modificada. Por exemplo, se o ficheiro orixinal é gato.jpg e especificamos como texto 90graos, o ficheiro resultado será gato90graos.jpg.

  • Rotar no mesmo ficheiro.

Neste caso o programa substituirá o ficheiro orixinal polo que resulte da operación realizada.