Saltar navegación

Introdución a Xfce4 Screenshooter

Na maqueta abalar dispoñemos do aplicativo "Screenshooter" que permite capturar toda a pantalla, a xanela activa ou unha zona seleccionada. Pode definir o tempo de espera que transcorre antes de que se tome a captura de pantalla e a acción que se realizará ca captura de pantalla: gardala nun ficheiro PNG, copiala ao portapapeis, abrila usando outro aplicativo, ou aloxala en ZimageZ, un servizo de aloxamento de imaxes en liña gratuito que ofrece o propio aplicativo.