Saltar navegación

Iniciar o software

Iniciamos o software dende a ruta Menú de aplicativos>Accesorios>Ficheiros

Captura pantalla

Se queremos tratar unha soa imaxe pincharemos nela co botón dereito do rato para obter o seguinte menú contextual;

Se queremos tratar varias imaxes a un tempo, seleccionarémolas todas xuntas primeiro (se mantemos pulsada a tecla Ctrl e imos pinchando co botón esquerdo do rato nos ficheiros de imaxe estes quedarán seleccionados xuntos).Entón pincharemos co botón dereito do rato sobre unha das selecionadas para obter o seguinte menú contextual no que temos as dúas opcións que nos interesan neste caso: Redimensionar imaxes... e Rotar imaxes..  Pincharemos na que nos interese segundo a operación que queiramos facer