Saltar navegación

Redimensionar imaxes

Se pinchamos na opción Redimensionar imaxes... do menú contextual, obtemos a seguinte pantalla coas opcións que se explican a continuación.

Redimensionar

A pantalla está dividida en dúas partes: Na primeira, nos piden os parámetros sobre o tamaño que lle queremos dar á imaxe; na segunda nos pregunta sobre o nome que lle queremos dar ao ficheiro resultante da operación.

Respecto do tamaño da imaxe temos tres opción alternativas:

  • Seleccione un tamaño:

Tamaño

Nesta opción se nos ofertan un conxunto de tamaños predefinidos ancho x alto, algúns de proporción 1:1 (cuadrados) e outros de proporción 4:3. Se o tamaño que desexamos darlle á imaxe está entre os ofertados, podemos usar esta opción elexindo o tamaño desexado.

Se a proporción orixinal da imaxe non coincide coa da opción de tamaño seleccionada, o programa cambiará a dimensión orixinal máis grande pola especificada correspondente e calculará a outra para que se manteña a proporción orixinal. Por exemplo, se teño unha imaxe de 400x300 (formato 4:3) e pido que se redimensione a 128x128 (formato 1:1), o que obterei será unha imaxe 128x96 (formato 4:3), é dicir, cambiou a dimensión máis grande (400) e calculou a outra para manter a proporción (96 = 128*3/4).

  • Escalar:

Usaremos esta opción cando o que desexemos sexa dar a imaxe un tamaño relativo ao tamaño actual especificando que porcentaxe representa o tamaño desexado respecto do actual. Por exemplo se queremos deixar a imaxe nun tamaño que sexa a metade do orixinal, seleccionaremos esta opción especificando unha porcentaxe do 50%. Con esta opción o programa reducirá ámbalas dúas dimensións na porcentaxe especificada manténdose así a proporción entre elas. Esta opción non serve para aumentar o tamaño da imaxe, e o programa non nos deixará poñer unha porcentaxe maior que 100.

  • Tamaño personalizado:

Neste caso podemos especificar o tamaño desexado para as dúas dimensións da imaxe, pero se as medidas especificadas non manteñen a proporción orixinal, o programa realizará o cambio pola dimensión orixinal máis grande e calculará a outra para que se manteña a proporción, tal como se explicou na opción de "Seleccione un tamaño".


Respecto do nome do ficheiro para o resultado da operación temos dúas opcións:

  • Engadir ao final...

Se eliximos esta opción deberemos especificar un texto que o programa utilizará para dar nome aos ficheiros resultantes da operación realizada, engadindo este texto ao nome orixinal antes da extensión. Así conservaremos o ficheiro orixinal intacto e obteremos unha copia modificada. Por exemplo, se o ficheiro orixinal é gato.jpg e especificamos como texto 128x128, o ficheiro resultado será gato128x128.jpg.

  • Redimensionar no mesmo ficheiro.

Neste caso o programa substituirá o ficheiro orixinal polo que resulte da operación realizada.