Saltar navegación

Migración de direccionamento IP.

Co obxecto regularizar o direccionamento IP empregado na Rede Corporativa da Xunta de Galicia, durante os primeiros meses do 2.017 levouse  a cabo un proceso de migración dos enderezos IPs dos equipos dos centros educativos da Clase A pública 69.x.x.x á privada 10.x.x.x.

Este proceso realizouse de xeito que, temporalmente, pódense empregar no  centro, tanto os enderezos IPs da clase 69 cos que xa estaba traballando o centro actualmente, coma os novos da clase 10 asignada, permitindo así que a transición fora o máis sinxela posible e se puidera acometer dun xeito progresivo.

Nos centros o cambio consiste en:

  1. Na substitución do primeiro octeto dos enderezos IPs dos equipos, de xeito que o enderezo IP 69.xx.yy.zz pasa a 10.xx.yy.zz. O rango habilitado de novos enderezos é dende o 10.xx.yy..50 ata 10.xx.yy.240
  2. Na substitución dos dous servidores DNS que cada equipo ten configurado actualmente, que deben ser substituídos por un único servidor no apartado DNS principal co enderezo IP 10.180.188.75
  3. Na substitución da porta de enlace que cada equipo ten configurada que pasara de 69.xx.yy.1 a 10.xx.yy.1.

O proceso de migración á clase A 10 está lanzado para toda a Rede Corporativa desde o 29 de Xuño de 2016, data na que quedaron reconfiguradas as redes de área local dos centros para que poidan coexistir equipos con direccionamento da 69 e da 10.

Os centros teñe a posibilidade de configurar un servizo de DHCP, para que  todos aqueles dispositivos que non requiran unha IP estática (servidores, impresoras, ...) poidan obter o seu direccionamento IP de xeito dinámico (DHCP). Neste caso o centro tería que:

  1. Solicitar a activación do servizo DHCP á UAC
  2. Seleccionar na configuración de rede de cada equipo as opcións de “Obter a IP dinamicamente” e “Obter DNS dinamicamente”

 

Dita posibilidade (solicitar e empregar o servizo DHCP corporativo) só deberá ser solicitada por centros que non teñan activo un servizo DHCP interno que poda interferir co servizo corporativo.