Saltar navegación

Conexión á rede cableada do centro

 

O Equipamento ABALAR é especificamente para as aulas ABALAR; polo que non debe saír fóra de ditas aulas.

Sen embargo, en certas circunstancias excepcionais (por exemplo desdobres de aula, apoio ao alumnado con necesidades específicas de atención educativa, etc) e coa debida autorización do director, poderíamos precisar sacar os equipos da aula ou conectalos á rede SIEGA do centro, por cable ou por wifi.

As especificacións determinadas que dispoñen as redes dos centros (IP estáticas, non existe autenticación de usuarios nin de equipos, etc.), impide unha configuración automática dos equipos do proxecto ABALAR á hora de conectalos por cable ou por wifi ás redes do centro, polo que neses casos haberá que editar as conexións manualmente.

Equipos en windows 7 e linux

editar as conexionsEQUIPOS EN LINUX, MAQUETA ABALAR LIVE

1. Na barra de estado, pulsamos sobre a icona JR-45premendo o botón esquerdo do rato


2. Ábrese unha xanela onde podemos seleccionar a interface a utilizar e as propiedades de configuración das mesmas na pestana " Configuración IPv4"

configuracion ip

EQUIPOS EN WINDOWS 7