Saltar navegación

Medios físicos de rede

  • O medio físico é  basicamente o "cable" que permite a comunicación e  transmisión de datos, e  define a transmisión de bits a través dun canal.

Nos centro educativos dispoñemos de:

    • Cable de par trenzado ( Utilizado actualmente na rede interna dos centros): Forma de conexión na que os condutores eléctricos illados son entrelazados para ter menores interferencias e aumentar a potencia e diminuír a diafonía dos cables adxacentes. Dependendo da rede pódense utilizar, un, dous, catro ou máis pares trenzados.
    • Cable coaxial (utilizado maioritariamente no acceso aos edificios pola vía pública): utilízase para transportar sinais electromagnéticas de alta frecuencia que teñen dous condutores concéntricos, un central e outro exterior, que serve como referencia de terra e retorno das correntes; están separados por un material dieléctrico que transporta a sinal de información.
    • Fibra óptica (utilizado puntualmente no acceso aos edificios pola vía pública): é un medio de transmisión empregado habitualmente en redes de datos; un fío moi fino de material transparente, vidro ou materiais plásticos, polo que se envían pulsos de luz que representan os datos a transmitir.
    • Dende o ano 2013 estáse a levar a cabo un cambio progresivo do cable coaxial por fibra óptica.

 O ancho de banda é o nº de bits que se transmiten dende o dispositivo de orixe ata o destino por segundo. Xeralmente exprésase en quilobits por segundo (kbps) , megabits por segundo (Mbps) ou gigabits (Gbps).

Carlos de Paz , vías do tren (Wikimedia Commons), Licenza: Creative Commons