Saltar navegación

Acceso a internet dos centros educativos.

Situación actual;

Nos últimos anos, a Xunta de Galicia a través da Amtega, está a facer un esforzo para mellorar as liñas de conexión dos centros. Durante este período a compañía adxudicataria do concurso de telecomunicacións nos edificios  da Xunta de Galicia  ten presentado un plan de actuación para ampliar, nos casos nos que sexa posible, o ancho de banda nos centros escolares.

Dentro deste esforzo por mellorar a conectividade dos centros educativos durante o 2015 pasouse dunha velocidade media de 26,6 a 58 Mbps, con 370 centros con velocidade de 100 ou 200 Mbps.

Sinatura dun convenio co Ministerio de Educación e a entidade pública empresarial Red.es para a extensión do acceso a Internet dos centros educativos a 100 megas

No 2015 asinouse un convenio entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Ministerio de Educación e a entidade pública empresarial Red.es, que conta cun orzamento total de 19,1 millóns de euros.
Este convenio permitirá instalar conexións de 100 megas en 839 centros educativos ao longo de 2016 e 2017, e dotar estes centros dun acceso a wifi por cada 60 alumnos, de forma que ao longo dos dous vindeiros anos o 100 % dos centros públicos de Primaria e Secundaria contarán cunha conexión a Internet de, polo menos, 100 megas que favoreza a súa completa dixitalización e que poida ser empregada simultaneamente por docentes, persoal administrativo e alumnos sen esperas nin cortes.
Mais información e acceso ao convenio en: