Skip navigation

Os modos de traballo

A aplicación permite 4 modos de traballo: modos de traballo

Encerado:

Modo de traballo “por defecto” da aplicación. É o modo no que crearemos presentacións, actividades, etc.

Web:

A aplicación integra un navegador web que permite a captura da totalidade ou parte das páxinas webs que se visitan para incorporalas ao documento de traballo facendo anotacións ou simplemente para mostrar o seu contido

Documentos:

Aparece unha xanela na que podemos organizar documentos, páxinas e carpetas. Tamén permite importar, exportar a distintos formatos.

Mostrar escritorio:

Permite traballar con outros programas ou manexar libremente o escritorio manténdose “visible” unha barra de ferramentas que permite facer anotacións, etc