Skip navigation

Modo: Mostrar o escritorio

Videotitorial : Traballando co escritorio

 

Mostrar escritorioO botón "Mostrar escritorio" permite esconder Sankoré e utilizar outro programa ou manexar libremente o PC.

Ao esconder Sankoré, quedan visibles dúas barras.

  • Á esquerda, a "barra de ferramentas" coa que  interactuaremos co PC.
  • Á dereita, a "Biblioteca" permite organizar e acceder a sons, imaxes, vídeos, aplicacións.

Barra escritorio

Mostrar Open-Sankoré. Volve ao modo anterior que estabas a usar (Web, Encerado ou Documentos).

Anotar documento. Para tomar notas no escritorio do PC. Pódese elixir cor e grosor do trazo, pulsando o clic que hai abaixo da ferramenta, ou mantendo pulsado o lapis durante 3 segundos.

Borrar anotación. Soamente pódese borrar o anotado previamente. Hai grosores de borrado ou borrar todo o anotado.

Destacar. O marcador para sinalar ou marcar. Pódese elixir cor e grosor do trazo.

Seleccionar e modificar obxectos. Con esta opción manexas o escritorio do PC con normalidade, o teu dedo funciona como rato.

Punteiro láser. O punteiro, para marcar pero non escribir (círculo de cor vermella).

Teclado virtual. Aparece un teclado na pantalla que posibilita a escritura.

Capturar parte da pantalla. Selecciona unha área e tes que elixir a súa localización: á páxina actual, a nova páxina ou á biblioteca.

Capturar a pantalla. Captura o escritorio enteiro coas mesmas opcións anteriores.

Pestana de Biblioteca. ( Este contido está explicado nun capítulo exclusivo deste manual; Modo Encerado/ Biblioteca)