EDUCACHESS: proxecto educativo sobre o xadrez [1]
Enviado por boletin a Ven, 04/09/2015 - 09:43O proxecto educativo EDUCACHESS permite introducir o xadrez nos centros educativos e está promovido pola Asociación Internacional para a Difusión do Xadrez, formada por docentes e afeccionados ao xadrez.
Na web aportada pódese atopar toda a información , descargar materiais didácticos gratuítos e acceder a actividades interactivas en varias linguas.
Non é necesario comprar os materiais para usalos desde esta web, pero os centros que o soliciten poden comprar estes materiais en formato físico, cun custo de 5€ para os libros da colección “Xoga e aprende” e de 8€ os da colección “Xadrez para todos” (nas librerías véndense a 14 e 15 €, respectivamente).
Para máis información, acceder á web aportada ou remitirse ao correo info@educachess.org [2]
Website:
Tema:
Colectivo:
Sección: