Adxudicación das bolsas do Programa Retorna mocidade FP. Próxima publicación da resolución no DOG

Xúntase o texto da resolución polo que se resolve a convocatoria do Programa Retorna Mocidade, coas listaxes das persoas beneficiarias en cada ensinanza, así como as persoas excluídas do programa. Próxima publicación no DOG.

Etiquetas: 

Convocatoria programa eduEmprende Actúa 2022-2023

Publicada a Resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca a selección de centros que participarán no programa Actúa durante o curso 2022/2023.

O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 16 de decembro de 2022 e o 27 de xaneiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Etiquetas: 

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Próxima publicación da Orde de convocatoria 2023

Xúntase o texto da Orde pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023. A data prevista de publicación no DOG é o 5 de xaneiro de 2023.

Prazos de presentación de solicitudes:

Etiquetas: 

Proxectos de formación para o profesorado de FP 2022-2023. Resolución provisional

Publicada a resolución provisional de proxectos de formación presentados á convocatoria do 17 de novembro de 2022 da Dirección Xeral Formación Profesional pola que se convocan proxectos de formación do profesorado de formac ión profesional que se van implantar no curso 2022 2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Resolución do concurso Eduemprende Idea 2022

Publicada a Resolución do 15 de novembro de 2022 pola que se dá publicidade a resolución de concesión do concurso Eduemprende Idea 2022, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (Diario Oficial de Galicia do 29 de novembro de 2022), convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia do 11 de abril de 2022).

Etiquetas: 

Tres CIFP galegos acadan as máximas puntuacións de acceso á Rede Estatal de Centros de Excelencia de FP

O CIFP Carlos Oroza, o CIFP As Mercedes e o CIFP Ánxel Casal - Monte Alto acceden á Rede Estatal de Centros de Excelencia de Formación Profesional coas mellores puntuacións de todo o territorio español nunha convocatoria competitiva no que se valorou o seu traballo e capacidade para ser referentes nos ámbitos da innovación aplicada e do emprendemento activo.

Etiquetas: 

Proxectos de formación para o profesorado de FP. 2022-2023

Publicada a convocatoria de proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2022-2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Cada proxecto deberá contar cun coordinador ou cunha coordinadora e poderá incorporar profesorado de diferentes centros que compartan a súa necesidade de formación, coa finalidade de acadar o óptimo aproveitamento dos recursos.

Bolsas Retorna mocidade FP. Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas. Convocatoria 2022

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas de bolsas do programa Retorna Mocidade convocadas pola Orde do 4 de agosto de 2022. Data de publicación: 14/11/2022

Poderanse presentar as reclamacións oportunas no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao desta publicación.

Etiquetas: 

II Encontro Galego de Ciberseguridade 2022

Os días 9 e 10 de novembro terá lugar o II Encontro galego sobre Ciberseguridade no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia que contará coa participación como relatores de profesorado e alumnado dos Cursos de Especialización en Ciberseguridade dos centros CIFP Politécnico de Santiago, CIFP Rodolfo Ucha e IES San Clemente, que impartirán tamén os obradoiros técnicos Wireshark/tshark para análise forense en rede e Threat Hunting e Intrusión nunha contorna de Directorio Activo e análise forense dese ataque.

Etiquetas: 

Bolsas Retorna mocidade FP. Listaxe provisional de solicitudes. Convocatoria 2022

Publicada a listaxe de solicitudes admitidas e excluídas das bolsas Retorna mocidade convocadas pola Orde do 4 de agosto de 2022. Data de publicación: 31/10/2022

Etiquetas: 
Distribuir contido