Tres CIFP galegos acadan as máximas puntuacións de acceso á Rede Estatal de Centros de Excelencia de FP

O CIFP Carlos Oroza, o CIFP As Mercedes e o CIFP Ánxel Casal - Monte Alto acceden á Rede Estatal de Centros de Excelencia de Formación Profesional coas mellores puntuacións de todo o territorio español nunha convocatoria competitiva no que se valorou o seu traballo e capacidade para ser referentes nos ámbitos da innovación aplicada e do emprendemento activo.

A súa integración nesta rede, que vai acompañada dunha dotación económica de case 2,5 M€, suporá a posta en marcha de distintos plans e proxectos de actuación para avanzar na transformación tecnolóxica dixital e metodolóxica da Formación Profesional en determinados sectores estratéxicos.

Con este recoñecemento Galicia refórzase como referente na Formación Profesional a nivel nacional e internacional.

Etiquetas: