Currículos e perfís profesionais dos ciclos formativos

Detectouse unha opción ilegal. Póñase en contacto co administrador do sitio.

Distribución horaria dos módulos profesionais

Durante o curso 2024-2025 a nova ordenación implantarase exclusivamente nos primeiros cursos dos ciclos formativos (grao D) da oferta ordinaria, agás nos ciclos establecidos ao abeiro da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (Coidados auxiliares de enfermaría, Dietética e Prevención de riscos profesionais) e nos cursos de especialización (grao E).
No seguinte documento poderá consultar a proposta de relación de módulos do 1º curso das ensinanzas referidas anteriormente.

Para o resto das ofertas, segundos cursos dos ciclos formativos da oferta ordinaria; oferta modular: modalidade presencial ou modalidade semipresencial e distancia; e ciclos establecidos ao abeiro da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (Coidados auxiliares de enfermaría, Dietética e Prevención de riscos profesionais), deberase consultar o seguinte documento:

Currículos

A continuación poderá atopar os perfís profesionais dos distintos ciclos formativos que se ofertan nos centros educativos da Comunidade.

Nesta sección poderá atopar os perfís profesionais dos distintos ciclos formativos que se ofertan nos centros educativos da Comunidade Autónoma. No perfil profesional de cada ciclo formativo poderá atopar información sobre a competencia xeral, postos de traballo máis relevantes, módulos así como o título que se obtén.

Por outro lado, poderá acceder e/ou descargarse os ficheiros que conteñen os currículos dos ciclos formativos publicados no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, na seguinte ligazón pode consultar a distribución por curso dos módulos dos ciclos de formación profesional con oferta na Comunidade Autónoma de Galicia.

Hai ciclos formativos con algunha observación en canto a aplicación do currículo ou algún outro particular. Estes ciclos formativos van precedidos dun asterisco (*).

Escolla a familia profesional do seu interese para ver unicamente os ciclos formativos desta.