REHOUSSO

Viveiristas: 
Francisco André González Fuentes
Raquel Rodríguez Espiñeira
Juan Manuel Sánchez Martín
Motivacións que nos levaron a emprender: 

Somos un grupo de estudantes comprometidos coa importancia da saúde ecolóxica. Grazas a iso e aos nosos estudos do ciclo de Proxectos de edificación, nace a idea de querer innovar aproveitando o uso de materiais reciclados e económicos para crear vivendas.

Facendo un estudo sobre a idea que queremos aplicar, comprobamos que é unha práctica pouco frecuente en España e Europa en xeral. Enfocándonos nisto, pensamos na posibilidade de cumprir moitos obxectivos ao crear unha empresa construtora que traballe con este tipo de materiais

Datos do centro educativo
Centro educativo: 
CIFP Someso
Situación da empresa: 
Fóra do viveiro
Titorada por: 
López Viña, Carmen
Contacto co viveiro: 
viveiro.cifp.someso@edu.xunta.es
Forma xurídica: 
Sociedade cooperativa
Actividade económica: 
Construcción de vivenda con materiais reciclados
Produtos/Servizos: 
Vivendas unifamiliares e modulares
Descrición da empresa: 

REHOUSSO dedicase á construción de vivendas modulares prefabricadas con materiais reciclados. Estudamos e deseñamos a medida e ofrecemos a posibilidade de reformas. A maiores dispoñemos dun catálogo de vivendas predeseñadas.

As principais actividades son:

  • Deseño e construción modular de vivendas.
  • Proxectos de fabricación a medida.
  • Reformas.

A empresa ofrece a busca e a xestión  dos mellores e máis económicos produtos en materia de reciclaxe, baseándose sempre na idea dunha vivenda que achegue calidade e exclusividade á túa vida, e saúde ao medio ambiente.

Etiquetas: 
Tema: