Mobletec

Viveiristas: 
David Portillo Barcia
Francisco Sesto Codesio
Miguel de Miguel Mandiá
Motivacións que nos levaron a emprender: 

Como estudantes de deseño e amoblamento queríamos relanzar o interese da poboación polo mobiliario, sector estancado pola crise da construción e da falta de innovación. Para conseguilo, propoñemos aplicar  elementos tecnolóxico que melloren as características dos productos empregados nos nosos fogares, lugares de traballo e ocio.

Datos do centro educativo
Centro educativo: 
CIFP Someso
Situación da empresa: 
Fóra do viveiro
Titorada por: 
M. Carmen López Viña
Contacto co viveiro: 
viveiro.cifp.someso@edu.xunta.es
Forma xurídica: 
Sociedade cooperativa
Actividade económica: 
Fabricación de mobiliario
Produtos/Servizos: 
Deseño e fabricación de mobiliario intelixente
Descrición da empresa: 

Mobletec e unha cooperativa galega de traballo asociado cuxa principal actividade é a fabricación de mobiliario intelixente, empregando elementos tecnolóxicos no moble para mellorar as súas prestacións. Deseñamos, ensamblamos e distribuímos vía on-line os nosos produtos.

Encargámonos principalmente de:

  • Deseño de mobiliario vangardista mellorado con sistemas tecnolóxicos sinxelos.
  • Fabricación de mobiliario con elementos tecnolóxicos sinxelos de lixeiro impacto no moble pero de gran utilidade para o cliente.
  • Servizos adicionais: Implementacion de sistemas de protección fronte ás radiacións electromagnéticas nalgúns dos nosos produtos. Garantías de reparto, reparación e substitución.
Etiquetas: 
Tema: